Luís José Quintela Ferreiro, nado en Vilalba, foi un profesor e escritor galego.
Traxectoria Era fillo de Francisco Quintela Pallín e Aurora Ferreiro Varela, e irmán do tamén escritor Antonio Quintela Ferreiro. Estudou no Colexio dos xesuítas e fixo os primeiros anos de noviciado. Deixóuno por problemas de saúde. Licenciouse na Facultade de Letras da Universidade de Santiago de Compostela."Anacos. Arcadio y su maestro", La Noche, 5-2-1960, p. 2, Foi profesor interino de lingua e literatura española no Instituto Masculino de Lugo. Foi pensionado polo Ministerio de Educación Nacional para seguir un cursiño na Sorbona.El Progreso, 8-3-1952, p. 2. En 1960 aprobou a oposición para adxunto numerario do Instituto Masculino.El Progreso, 4-2-1960, p. 2. Ao ano seguinte foi nomeado profesor de lingua e literatura española na Escola Normal de Lugo.El Progreso,12-2-1961, p. 3. Colaborou en El Pueblo Gallego, La Noche e La Voz de Galicia. Fundou e dirixiu a revista Escritos (1959-1960) onde asinaba como Picato. Foi mestre de Marina Mayoral e Arcadio López-Casanova.
Obras Carta a las gentes de Galicia, 1966. Hacia un orteguismo de izquierda, 1967.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Antonio Quintela Ferreiro
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Profesores do Instituto Masculino de Lugo Categoría:Nados en Vilalba
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes