Kuphus é un xénero de moluscos bivalvos con forma de verme dentro da familia Teredinidae. Hai dúas especies extintas, Kuphus incrassatus e Kuphus fistula. A única especie viva do xénero é Kuphus polythalamia, que é o molusco bivalvo máis longo do mundo.
Os membros deste xénero segregan tubos calcarios. En tempos de Carl von Linné consideráronse vermes tubulares e clasificáronse dentro do xénero Serpula. Non se debe confundir co anélido Riftia.Kuphus polythalamia Tideline. Consultado o 2012-01-12.
Kuphus polythalamia O seu tubo calcario permítelle vivir en terreos enlamados de mangleiral. Os espécimes típicos miden un metro de longo e teñen a forma dunha trompa de elefante. A súa punta anterior é pechada e ten uns 11 cm de diámetro.Xray Conchology by Harry G. Lee Consultado o 2012-01-11.
Distribución Kuphus polythalamia vive no oeste do océano Pacífico, o leste do océano Índico e a zona Indo-Malaia.Kuphus polythalamia (Linnaeus, 1758) OBIS Indo-Pacific Molluscan Database. Consultado o 2012-01-12. A súa distribución inclúe as Filipinas, Sumatra e Mozambique.
Notas
Categoría:Bivalvos