miniatura|250px|Sancosmeiro visto dende arriba. O sancosmeiro é un sombreiro galego de palla utilizado para protexerse do sol e da chuvia durante os traballos, de aba ancha e copa baixa, cunha cinta negra arredor da copa e os cabos que caen por detrás.
Descrición Sombreiro tradicional galego que sempre mantivo a característica forma que o fai inconfundible, aínda que co tempo quedou cada vez máis desprovisto de adornos ata o deseño actual. De aba moi ancha e copa baixa, xeralmente en forma de cono truncado, o reberete é unha estreita fita negra, leva arredor da copa outra fita negra máis ancha que cae por detrás sobre a aba, e un cordón que o suxeita ó queixo. Pode levar de adorno un lazo ou unha flor.
A pesar do seu nome, non só era usado en San Cosme ou na comarca de Noia, senón tamén noutras como A Barcala, O Sar, Santiago, A Barbanza ou no Xallas.
Elaboración Proceso laborioso, que se inicia coa recolección da palla, de trigo ou de centeo, durante os meses de xullo e agosto. Con coidado para que a palla saía enteira, selecciónase por grosores, limpa de nós e impurezas, almacénase en mandos e vaise empregando durante os meses de inverno para a elaboración dos sombreiros.
Antes de comezar a tecer a palla cómpre humedecela para que resulte máis flexible e non crebe facilmente. Deseguido iníciase o trenzado, escollendo tres ou máis pallas para a confección, sendo os máis habituais os de catro e seis pallas. A lonxitude das liñas de trenza varía segundo se trate dun sombreiro de home –de menor tamaño–, de rapaza ou de muller, empregándose entre vinte e catro e trinta brazas de medida en cada peza.
Simboloxía Entrégase en Outes o sancosmeiro de ouro, o galardón máis prezado que outorga o concello en recoñecemento ás persoas ou entidades que resaltaron polo seu traballo en favor do desenvolvemento económico, social e cultural do municipio. O premio consiste nunha réplica de ouro que simboliza o sombreiro de palla típico desa zona, asemade cóbrese a cabeza da persoa que o recibe cun sancosmeiro.
Publicacións O "sancosmeiro", historia dun chapeu que merece ser revisada (Luís do Río, xaneiro de 2024, Asociación Terra de Outes).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Traxe galego
Categoría:Vestimenta