miniatura|300px|Freixanes, Nogueira e Ana Gandón presentando Pensar Galicia. Pensar o mundo na Feira do Libro de Vigo.

Ana María Gandón Menduiña, nada en Aldán (Cangas de Morrazo) o 28 de xullo de 1950 é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego.

Traxectoria Militou no PSG-EG e foi candidata por esta formación nas eleccións xerais de 1986BOE e nas eleccións xerais de 1989. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993 foi de terceira na lista da Coalición Unidade Galega-Esquerda Unida da Provincia de Pontevedra, encabezada por Camilo Nogueira.DOG Posteriormente integrouse no BNG e foi nas listas desa organización nas eleccións xerais de España de 1996.BOE Nas municipais de 1999 foi no segundo posto da lista do BNG de Vigo, que encabezaba Lois Pérez Castrillo. Foi elixida concelleira e nomeada concelleira de Muller e Educación (1999-2003). Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005 foi na lista do BNG pola Provincia de Pontevedra.DOG Nas municipais de 2011 e municipais de 2015 foi na lista do BNG do concello de Oia.

En 2018 recibiu o Premio de Igualdade Ernestina Otero outorgado polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Cangas de Morrazo