Delft é unha cidade e un concello da Holanda Meridional, nos Países Baixos, a metade de camiño entre Rótterdam e A Haia. En 2005 tiña 94.098 habitantes. É particularmente salientable a zona vella no centro da cidade, tradicionalmente neerlandesa e estruturada con canles. É tamén coñecida pola súa cerámica, pola Universidade de Tecnoloxía de Delft e pola súa asociación coa familia real.

Historia miniatura|esquerda|A explosión da polvoreira de Delft. Cadro de Egbert van der Poel (1621-1664).Coñécese a existencia da cidade desde o século XIII. Recibiu o seu foro o 15 de abril de 1246 de mans do conde Guillerme II. En 1536 gran parte da cidade foi destruída por un incendio.

O vínculo da Casa de Orange con Delft comezou cando Guillerme I de Orange (o Taciturno) fixo do lugar a súa residencia, en 1572. Guillerme dirixiu a loita contra España durante a Guerra dos Oitenta Anos.

Delft era naquel momento a terceira cidade máis importante dos Países Baixos, tras Dordrecht e Haarlem, e dispuña de murallas. Á morte de Guillerme en 1584, asasinado por Balthasar Gérard no coñecido como Pazo do Príncipe, o panteón da familia en Breda estaba nas mans dos españois. Foi enterrado na igrexa nova (Nieuwe Kerk), o que iniciou unha tradición para a casa de Orange que continúa ata o noso tempo.

Durante o século XVII, e grazas á industria da cerámica e á apertura dunha sede da Compañía das Indias Orientais, Delft viviu a súa idade de ouro. No entanto, en 1654 unha parte da cidade foi destruída novamente pola explosión dunha polvoreira.

Tras a declaración de guerra e invasión dos Países Baixos por parte de Inglaterra, Francia, Colonia e Münster en 1672, comezou o decaemento da economía da cidade, que pasou a ser superada en importancia política e económica polas súas veciñas A Haia, como centro de goberno, e Rótterdam, como cidade portuaria. No século XIX só quedaba unha fábrica de porcelana aberta, De Porceleyne Fles, que continúa a existir nos día de hoxe."History of Delft ". No sitio web oficial de Delft. (En inglés)

Canles, pontes e prazas miniatura|esquerda|A ponte Oudemanhuisbrug sobre a canle Voldersgracht

O deseño urbano de Delft está moi caracterizado polas numerosas canles que discorren pola cidade, así como as pontes que as cruzan para facilitar a comunicación entre as súas beiras. Estas canles foron fundamentais para as subministracións da cidade e aínda hoxe manteñen este uso orixinal.

A canle máis vella é a Oude Delft, ou Canle Vella, en torno á cal se foi ampliando a cidade ao longo dos séculos. O propio nome de Delft está relacionado con iso, xa que deriva da palabra delven, co significado de "escavar"."Los canales de Delft". En Holland.com. (En castelán)

Tamén as prazas son moi características da fisionomía da cidade de Delft, ao conxugaren o seu valor histórico (como o da Gran Praza ou Markt, orixe mesma da vila), coas diversas funcións que na actualidade se desenvolven nela, como mercados, lecer e hostalaría etc.

Estas son algunhas das canles, pontes e prazas máis significativas:

Canles Achterom Binnenwatersloot Brabantse Turfmarkt Kantoorgracht Koornmarkt Molslaan Nieuwe Delft Oude Delft Rietveld Verwersdijk Voldersgracht Vrouwjuttenland

Pontes Agnietenbrug Bijbelbrug Bloedbrug Boterbrug Catharijnebrug Drapeniersbrug Drogerijbrug Gasthuisbrug Hof van Delftbrug Hoogbrug Hopbrug Kleine Oostpoortbrug Mauriciusbrug Oudemanhuisbrug Poelbrug Rapenbloembrug Schout van der Meerbrug Schreibrug Sint Jacobsbrug Sint Stevensbrug Teemsbrug Touwbrug Visbrug Vrouwe van Rijnsburgerbrug Warmoesbrug Waterslootsebrug

Prazas Beestenmarkt Cameretten Doelenplein Markt ("Gran Praza")

dereita|280px|alt=|Parque na honra da raíña Guillermina (Guilhelminapark)

Parques e zonas verdes Delftse Hout Parque de Guillermina (Wilhelminapark)

Cultura

Artesanía miniatura|Prato do século XVIII, representativo da porcelana de Delft Delft é famosa pola súa produción de maiólica inspirada nas porcelanas importadas da China a partir do século XVII."La cerámica azul de Delft". En Holland.com. (En castelán)

Cine O cineasta Werner Herzog filmou nesta localidade os exteriores da longametraxe Nosferatu: Phantom der Nacht (1979)."Filming locations". Na ficha da película en IMDb.com. (En inglés)

Edificios históricos O centro da cidade posúe numerosos edificios antigos e moitas rúas están atravesadas por canles, habitados por peixes e plantas.Dunford, M. The Rough Guide to The Netherlands. Penguin, 2010. ISBN 978-1-84836-882-8 (En inglés) Oude Kerk ("Igrexa Vella"), data de 1246, e é a igrexa máis antiga de Delft. Entre 1325 e 1350 engadíuselle a torre de planta cadrada. Cómpre salientar que a torre está sensiblemente inclinada debido á pouca firmeza do terreo sobre o que se asenta; con 75 metros de altura, actualmente presenta unha desviación de 1,96 metros da vertical."Old Church". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)

Nieuwe Kerk ("Igrexa Nova"), construída entre 1381 e 1496 e situada na Markt ou Gran Praza de Delft. No seu interior atópase o panteón da familia real holandesa. A súa torre, con 108,75 metros, é a segunda máis alta dos Países Baixos."New Church". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)

Sint-Hippolytuskapel ("Capela de Santo Hipólito"), construída cara ao ano 1400, é un dos eificios máis antigos da cidade e goza da consideración de monumento nacional desde 1967. Sitúase na confluencia entre a canle principal da zona vella e a rúa Nieuwstraat. A súa advocación é a Santo Hipólito, patrón da cidade, e é unha igrexa do rito católico.

miniatura|Torre do Prinsenhof ou Pazo do Príncipe.O Prinsenhof ("Pazo do Príncipe"), hoxe en día un museo. Inicialmente foi un mosteiro, fundado en 1403 e dedicado a Santa Ádega. O edificio sufriu repetidas ampliacións consonte o crecemento da orde. Guillerme de Orange residiu habitualmente no devandito mosteiro entre 1572 e 1584, ano en que foi asasinado (de aí o nome actual do edificio)."Prinsenhof ". Na web de turismo da cidade de Delf. (En inglés)

O edificio do Concello (Stadhuis van Delft), de estilo renacentista, situado na Gran Praza de Delft (Markt), fronte á Igrexa Nova, hoxe de uso unicamente protocolario."Town Hall". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)

O edificio da antiga estación de ferrocarril, en uso desde 1885 a 2015.

O muíño De Roos, o derradeiro en pé dos quince que chegou a haber sobre a muralla da cidade. Hoxe mantén a moenda e alberga, ademais, un museo dos muíños de vento de Delft e unha tenda de produtos elaborados á base de fariña de millo.

O Armamentarium, un fermoso edificio construído entre 1601 e 1692 situado no medio dunha das múltiples canles da cidade, que entre 1986 e 2013 albergou o Museo Real do Exército dos Países Baixos (Koninklijk Nederlands Legermuseum) e utilizado na actualidade, entre outras institucións, pola Universidade de Tecnoloxía de Delft.

O Centro Vermeer (Vermeer Centrum), unha institución museística centrada na figura do pintor holandés nacido en Delft e moi vinculado á cidade. Sitúase no centro da cidade vella, ao pé da canle Voldersgracht, nun edificio reconstruído onde se localizaba o gremio de artistas e artesáns de San Lucas.

Outros edificios e construcións salientables

Á parte dos edificios con maior relevancia histórica, a través da cidade de Delft espállase unha gran cantidade de edificios peculiares, a maioría deles incluídos na listaxe de monumentos nacionais dos Países Baixos (Rijksmonument). Algúns deles son os seguintes:

Convento de Santa Bárbara Gemeenlandshuis ("Casa Común") Igrexa de María de Xesé (Delft) Igrexa valoa de Delft Museo Histórico do Tabaco Museo Lambert van Meerten Museo Mineralóxico-Xeolóxico Museo Nusantara Museo Paul Tétar van Elven Porta do Leste Science Centre Delft Sinagoga Visbank Waag

Ensino miniatura|300px|Campus da TU Delft, co edificio da biblioteca ao fondo Destaca a Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft), instituída en 1842 e de carácter público, recoñecida como unha das universidades tecnolóxicas máis importantes do mundo.Times Higher Education-QS World. Engineering and information technology. University Rankings 2009. (En inglés)Times Higher Education-QS World. University Rankings 2009. Top 200 world universities. (En inglés)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Biblia de Delft De Delftse Pauw DHC Delft (club de fútbol) Escola de Delft (arquitectura) Escola de Delft (microbioloxía) Escola de Delft (pintura) Estación de tren de Delft Sur Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft O burgomestre de Delft e a súa filla (cadro de Steen) Royal Delft Tratado de Delft Vista de Delft (cadro de Vermeer)

Bibliografía Bailey, Anthony. Vermeer: a View of Delft. Ed. Henry Holt & Company. Nova York, 2001. ISBN 0-8050-6718-3

Ligazóns externas Sitio web da cidade. Sitio web da TU Delft Fotografías de Delft