miniatura|A dama anémica (De bleekzuchtige dáme) de Samuel van Hoogstraten, pintado entre 1660 e 1670. En medicina, o diagnóstico ou propedéutica clínica é o procedemento polo cal se identifica unha doenza, entidade nosolóxica, síndrome, ou calquera estado de saúde a través da observación de diversos sinais diagnósticos. O coñecemento obtense mediante a historia clínica, a observación clínica e o estudo analítico. A observación clínica pode ser ocular, por palpitación, por percusión e por auscultación; mentres que os estudos analíticos poden ser biolóxicos, anatómico-patolóxicos, radiolóxicos ou isotópicos, entre outros.
Proceso diagnóstico O diagnóstico clínico require ter en conta os dous aspectos da lóxica, é dicir, a análise e a síntese, utilizando diversas ferramentas como a anamnese, a historia clínica, exploración física e exploracións complementarias.
O diagnóstico médico estabelece a partir de síntomas, signos e os achados de exploracións complementarias, que enfermidade padece unha persoa. Xeralmente, unha enfermidade non está relacionada dunha forma biunívoca cun síntoma, é dicir, un síntoma non é exclusivo dunha enfermidade. Cada síntoma ou achado nunha exploración presenta unha probabilidade de aparición en cada enfermidade.
O teorema de Bayes axuda ó diagnóstico dunha enfermidade a partir dos síntomas e outros achados que presenta o paciente se as doenzas son mutuamente excluíntes, coñécese as súas prevalencias e a frecuencia de aparición de cada síntoma en cada doenza. Segundo a prevalencia de cada enfermidade en cada poboación, un mesmo conxunto de síntomas ou síndrome pode producir un diagnóstico diferente en cada poboación, é dicir, cada síndrome pode estar producido por unha doenza diferente en cada poboación.
Ferramentas diagnósticas miniatura|"Consulta (un neno con problemas)" Konsultation (Ein Sorgenkind) de Hugo von Habermann (1886). Síntomas: Son as experiencias subxectivas negativas físicas que refire o paciente, recollidas polo médico na anamnese durante a entrevista clínica, cunha linguaxe médica, é dicir comprensible para todos os médicos. Por exemplo, os pacientes á sensación de falta de aire ou percepción incómoda e desagradable na respiración (dispnea), chámano afogo, angustia, fatiga, cansazo fácil... Signos: Son os achados obxectivos que detecta o médico observando ó paciente, por exemplo a taquipnea a máis de 30 respiracións por minuto. A semiótica médica ou semioloxía clínica é a parte da medicina que trata dos signos das enfermidades dende o punto de vista do diagnóstico e do prognóstico. Exploración física ou semiotécnica: Consiste en diversas manobras que realiza o médico sobre o paciente, sendo as principais a inspección, palpación, percusión, cheirar e auscultación, coas que se obteñen signos clínicos máis específicos. Todos os síntomas referidos na anamnese e os signos obxetivados na exploración física son anotados na historia clínica do paciente.
Xeralmente, os signos e síntomas definen unha síndrome que pode estar ocasionado por varias doenzas. O médico debe formular unha hipótese sobre as enfermidades que poden estar a ocasionar a síndrome e para comprobar a certeza da hipótese solicita exploracións complementarias.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Surós Batlló A, Surós Batlló J. Semiología médica y técnica exploratoria (8 ed). Barcelona: Elservier Doyma; 2001. Friedman HH. Manual de diagnóstico médico (5 ed). Barcelona: Masson; 2004. Prieto Valtueña JM, Balcells Gorina A. Exploración clínica práctica (26 ed). Barcelona: Elsevier España; 2005. Duque Ramírez LG, Rubio Vanegas H. Semiología médica integral. Medellín: Universidad de Antioquia; 2006. Argente HA, Álvarez ME. Semiología Médica Fisiopatología, Semiotecnia y Propedéutica. Buenos Aires: Médica Panamericana; 2008. Sackett DL, Haynes RB, Guyatt GH, Tugwell P. Epidemiología clínica. Ciencia básica para la medicina clínica. 2.ª ed. Madrid: Editorial médica panamericana; 1994. Sandler G. The importance of the history in the medical clinic and the cost of unnecessary test. Am Heart J. 1980; 100:928. Morrison AS. Screnning in Chronic disease. Second edition. New York: Oxford University Press; 1992. Altman D.G., Bland J.M. Statistics Notes: Diagnostic tests 1: sensitivity and specificity. BMJ. 1994; 308:1552. Altman D.G., Bland J.M. Statistics Notes: Diagnostic tests 2: predictive values. BMJ. 1994; 309:102. Altman D.G., Bland J.M. Statistics Notes: Diagnostic tests 3: receiver operating characteristic plots. BMJ. 1994; 309:188. Dujardin B, Van der Ende J, Van Gompel A, Unger JP, Van der Stuyft P. Likelihood ratios: a real improvement for clinical decision making? Eur J Epidemiol. 1994; 10:29-36. Burgueño MJ, García Bastos JL, González Buitrago JM. Las curvas ROC en la evaluación de las pruebas diagnósticas. Med Clin (Barc). 1995; 104:661-670. Zweig MH, Campbell G. Receiver-operating characteristics (ROC) plots: a fundamental evaluation tool in clinical medicine. Clin Chem. 1993; 39:561-77. López de Ullibarri Galparsoro I, Pita Fernández S. Curvas ROC. Cad Aten Primaria. 1998; 5(4): 229-35. Argimon Pallás JM, Jiménez Villa J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica. 2ª ed Barcelona: Harcourt; 2000. Fletcher RH, Fletcher SW, Wagner EH. Clinical epidemiology: the essentials. 3ª ed. Baltimore: Williams and Wilkins; 1996. Cabello López JB, Pozo Rodríguez F. Estudios de evaluación de las pruebas diagnósticas en cardiología. Rev Esp Cardiol. 1997; 50:507-19. Greenhalgh T. How to read a paper: papers that report diagnostic or screening tests. BMJ. 1997; 315:540-3.
Categoría:Termos médicos