San Salvador de Soutomerille é unha parroquia deshabitada que se localiza no concello de Castroverde. A igrexa parroquial, en ruínas, é prerrománica reconstruída no século XVII. No lugar de Gondar houbo un hospital para os peregrinos do Camiño de Santiago que pasa pola parroquia.

Demografía Trátase da única parroquia deshabitada de Galicia, a excepción da parte da parroquia de Rebordondo pertencente ao concello de Monterrei, pero Rebordondo (Cualedro) si está habitada.

En 1858 tiña 22 habitantes, ao igual que en 1888, distribuídos neste último en só 4 edificios. No Censo de 1960, a poboación de dereito aínda era de 17 habitantes, e a de feito, de 15. En 1970, o número de habitantes xa baixara a 3. En 1999, a parroquia xa estaba deshabitada.

Desde entón, de acordo co INE, a parroquia estivo deshabitada, até que en 2025, a súa poboación aumenta en 1 habitante (1 home).

Patrimonio Ademais da igrexa parroquial, en Soutomerille consérvanse as ruínas de dúas casas grandes, a Torre de Arriba e a Torre de Abaixo, catalogadas como bens de interese cultural.Casa Torre de ArribaCasa Torre de Abaixo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Soutomerille

Parroquias de Castroverde

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Castroverde Ligazóns externas Pallín de la Casa de Soutomerille Castroverde - Lugo

Categoría:Parroquias de Castroverde Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador