Unha contusión é un tipo de lesión física non penetrante sobre un corpo humano ou animal causada pola acción de obxectos duros, de superficie obtusa ou roma, que actúan sobre o organismo por intermedio dunha forza máis ou menos considerable. Os efectos dun golpe contuso varían segundo a forza e enerxía aplicada sobre o organismo dando lugar a unha lesión superficial, como unha equimose, ou lesións sobre órganos e vísceras que poden comprometer a vida do suxeito, como unha fractura.

Cadro clínico Os signos clásicos dunha contusión son a dor, o aumento de capacidade leve ou moderada no lugar do golpe e, ocasionalmente, edema leve. A contusión é unha lesión pechada que non afecta á pel, polo tanto, non é errosiva nin afecta a epiderme como no caso dunha ferida cortante ou penetrante.Diccionario de la lengua española de la Real Academia Española Contusión (Vigésima segunda edición).por hay del 2019 el quimico darwin creo Último acceso 18 de abril de 2009. A pel ou os órganos poden cambiar de cor por efecto do sangue derramado, formando hematomas e equimose.

Cando a contusión é leve, a dor é moderada e tardía, permite continuar o esforzo. Con tratamento, a súa evolución é favorable. Por tratarse dunha lesión pechada, a contusión non leva risco de contaminación externa e infección.

Tratamento En contusións pequenas a inflamación mellora aplicando sinxelamente un pouco de xeo ou compresas frías. Se a contusión provén dun golpe máis forte, adóitase indicar a aplicación de xeo e elevar a parte afectada e deixala en repouso. Os golpes contusos fortes poden afectar órganos sólidos, polo que se debe consultar cun especialista en saúde.

Notas

Categoría:Doenzas