A dos sínfilos (Symphyla) é unha clase artrópodos mandibulados do subfilo dos miriápodos, similares aos insectos nalgúns aspectos, pero con moitos caracteres que os diferencian destes.

De pequeno tamaño (de 0,5 a 8 mm de lonxitude), habitan en lugares húmidos. Coñécense entre 160Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3. e 200Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN 978-0-6425-6861-8. especies.

Son de corpo brando e posúen 12 pares de patas.

Diferéncianse doutros miriápodos por presentaren un segundo par de maxilas fusionadas nun labio complexo (o que, por outra parte, aseméllaos a algúns insectos primitivos).

Características Os sínfilos son de cor branca, aspecto fráxil e delicado, co corpo constituído, como nos demás miriápodos, por dous tagmas ou rexións: cabeza e tronco.

A cabeza posúe un par de antenas, un par de órganos de Tömösvary, un par de mandíbulas e dous pares de maxilas, o segundo deles coas maxilas fusionadas entre si para formaren un labio. Na cabeza desembocan tamén os espiráculos (un par) das traqueas.

O tronco presenta de 15 a 22 placas tergais, estando os esternitos moi reducidos. Posúen 12 pares de patas de catro artellos, aínda que, ao naceren, contan tan só con seis pares.

O tronco termina nun par de fierias, unhas estruturas cónicas que segregan seda. Os gonóporos (poros xenitais) desembocan no terceiro segmento.

Carecen de ollos, e as súas longas antenas sérvenlles como órganos dos sentidos. Presentan varias características que os asemellan aos insectos máis primitivos, como o labio dormado poa fusión do segun dos par de maxilas, un número idéntico de segmentos na cabeza e certas características das patas.

Bioloxía e ecoloxía Os sínfilos son dioicos (é dicir, teñen os sexos separados). A fecundación é externa; as crías nacen con seis pares de patas e en sucesivas mudas van engadindo novos segmentos ao tronco.

Habitan en lugares húmidos, como o interior do solo, a follaxe caída, o humus, nos musgos, baixo pedras, en troncos podres, covas, etc. Son saprófagos ou herbívoros; estes útimos poden seren daniños para a agricultura.Barrientos, J. A. (ed.) (2004): Curso práctico de entomología. Alicante: Asociación Española de Entomología. ISBN 84-490-2383-1.

Taxonomía Descrición A clase foi descrita por primeira vez en 1880 polo zoólogo e embriólogo estadounidense John A. Ryder.

Etimoloxía O nome científico Symphyla (substantivo neutro plural) está formado polos elementos do latín científico sym- e -phyla, tirados do elemento do grego antigo συν- syn-, derivado do adverbio σύν sýn, 'xuntos', e da voz grega φυλή phylḗ, 'tribo', 'grupo', respectivamente, facendo alusión ás caracerísticas compartidas por estes miriápodos cos insectos.Symphyla no Merriam-Webster Dictionary.

Clasificación Segundo o NCBI e outras bases de datos zoolóxicas, a clase divídese en dúas familias que comprenden os tres xéneros que se indican.Symphyla no NCBI.

Clase Symphyla Familia Scolopendrellidae Xénero Symphylella Familia Scutigerellidae Xénero Hanseniella Xénero Scutigerella

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barber, A. D. (2009): "Littoral myriapods. A review". Soil Organisms 81 (3): 735-760. Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8. Edwards, C. A. (1990): "Symphyla" en: Daniel L. Dindal, ed. Biology Guide. Nova York: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-4710-4551-9, pp. 891–910. Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7. Scheller, U. (1982): "Symphyla" en: Sybil P. Parker, ed. Synopsis and Classification of Living Organisms. Nova York: McGraw-Hill ISBN 978-0-0707-9031-5, pp. 688–689.

Outros artigos Quilópodos Diplópodos Paurópodos

Ligazóns externas Symphyla na ADW. Symphyla na EOL. Symphyla en Fauna Europaea. Symphyla no NCBI.

Categoría:Miriápodos