Santoalla é o único lugar da parroquia de Santoalla do Monte, no concello ourensán de Petín na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE, en 2024 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).
Toponimia O topónimo Santoalla é un haxiotopónimo referido a Baia de Mérida e débese á presenza no lugar da igrexa de Santoalla do Monte.
Santoalla na cultura popular Santoalla é unha das localizacións de Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, parte do documental A aldea: o antigo e o novo de Ignacio Vilar e é a localización case única do documental Santoalla.
Lugares e parroquias Lugares de Santoalla do Monte
Parroquias de Petín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Petín
Categoría:Lugares de Petín