O congreso de Ferradillo foi unha reunión de guerrilleiros antifranquistas que tivo lugar o 24 de abril de 1942 nos montes de Ferradillo (Montes Aquilanos), preto de Ponferrada.

Historia O 24 de abril de 1942 vinte e catro guerrilleiros de todas as tendencias políticas celebraron en Peñas de Ferradillo, nos montes de Ferradillo, próximos a Ponferrada, unha reunión que deu lugar á constitución da Federación de Guerrillas de León-Galicia. O congreso culminou coa elección dun Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva, con César Ríos, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra e Manuel Girón Bazán como lugartenentes.

Guerrilleiros participantes Marcelino Fernández Villanueva César Ríos Rodríguez Mario Morán García Abel Ares Pérez Marcelino de la Parra Casas Manuel Girón Bazán José Vega Seoane Abelardo Macías Fernández Victorino Nieto Rodríguez Pedro Voces Canóniga Guillermo Morán García Eduardo Pérez Vega Antolín Murias Pedro Lamas Cerezales Ildefonso Fernández Seoane Enrique Oviedo Blanco Abelardo Gutiérrez Alba Antonio Fernández Crespo Manuel Gutiérrez Abella Edelmiro Alonso García Gerardo Lamas Cerezales Arcadio Ríos Rodríguez Amador Pérez Poncelas Hilario Álvarez Méndez Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilla antifranquista Categoría:1942 Categoría:Congresos