Florentino Pérez Rivas, nado en Llaviana o 14 de decembro de 1916 e finado no mesmo concello en 2007, foi un guerrilleiro antifranquista asturiano.

Traxectoria Albanel veciño de Canzana. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Canzana dende 1934. O seu irmán Jesús morreu aos 22 anos na folga xeral revolucionaria de 1934. Logo da caída de Asturias en outubro de 1937 foi detido. Xulgado consello de guerra o 21 de xuño de 1938, foi condenado a 30 anos de reclusión. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1938.Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo, 7-12-1938, p. 3. Estivo internado no campo de concentración de Camposancos, na prisión de Figueirido dende o 12 de agosto de 1938 ata o 16 de xaneiro de 1942, en que foi trasladado ao Destacamento Penal das Minas de Silleda, do que saíu en liberdade condicional en 1942,BOE, 24-6-1942, p. 4451. incorporándose á guerrilla. Escapou da salvaxe represión do Pozo Funeres en 1948.

Formou parte do grupo de 29 guerrilleiros socialistas que o 23 de outubro de 1948 foron evacuados desde o porto de Luanco (Gozón) a Francia nun barco fretado por Indalecio Prieto desde Saint-Jean-de-Luz. Estableceuse en Belfort (Territorio de Belfort). Traballou como albanel e pertenceu ás seccións da UGT e do PSOE de Belfort. Foi tesoureiro do Grupo Departamental do PSOE de Territorio de Belfort onde residiu ata finais da década dos noventa. Regresou a Llaviana, onde morreu en 2007.La Nueva España, 11-4-2007.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Acto homenaje a los hermanos Suso y Florentino Pérez Rivas el 5 de octubre a las 12 Los socialistas homenajearon a Florentino Pérez, un guerrillero exiliado en 1948

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Llaviana

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2007