miniatura|250px|Esquema dun camarón do xénero Penaeus co seu telson destacado en laranxa. O telson é a última porción do corpo dos artrópodos, non segmentada (sen metámeros), e sen apéndices, ganglios ou outras estruturas metaméricas, que pode presentar, na súa base, ventralmente, o ano (final do tubo dixestivo) e/ou espiñas ou prolongamentos terminais.Garrido, Carlos (1977): télson, no Dicionário terminológico quadrilíngue de Zoologia dos Invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Lingua. ISBN 84-87305-12-1.
O telson é unha peza ou somito, denominado ás veces somito anal, que se encontra ao final do abdome de moitos artrópodos. Non se considera un verdadeiro segmento porque non está presente en estado embrionario, e é homólogo ao pixidio dos anélidos.
O telson nos diferentes grupos de artrópodos
Nos trilobites forma parte do pixidio. Nos quelicerados, e máis concretamente nos escorpións, é a uña ou aguillón co que inxectan o veleno ás súas vítimas; está detrás dos 6 segmentos que forman o postabdome. E nos crustáceos forma a parte final do abdome, flanqueado polos urópodos.Telson en DORIS . Consultado o 15 de marzo de 2017. miniatura|250px|Exopoditos, endopoditos e telson, no urópodo dun crustáceo.
Nos crustáceos decápodos macruros, o telson é a peza central dos urópodos, e é impar. Os urópodos son a parte final do corpo dos crustáceos; están a continuación do abdome ou pleon, e normalmente son laminares ou aplanados.
O telson, xunto cos urópodos, presenta forma de abano, polo que denominan tamén abano caudal. En ocasións, os urópodos poden traballar en conxunto co telson, utilizando estes apéndices para axudarse nos seus desprazamentos (natación), xa que cun movemento brusco do abdome, o telson e os urópodos, conseguen propulsárense rapidamente cara a atrás. Tamén se usan para a protección dos ovos da femia.Garrido, Carlos (1977): urópode, no Dicionário terminológico quadrilíngue de Zoologia dos Invertebrados.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brusca, Richard C. & Gary J. Brusca (2003): Invertebrates 2nd ed. Sinauer Associates. ISBN 0-87893-097-3. Ruppert, E. E. & R. D. Barnes (1994): Invertebrate Zoology 6th ed. Saunders. ISBN 0-03-026668-8.
Outros artigos Urópodo Endopodito Exopodito Pixidio
Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Termos zoolóxicos