Susqueda é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que pertence á comarca da Selva. Atópase no límite con Osona e a Garrotxa.

Atópase xunto ao río Ter e nel atópase o encoro de Susqueda. A construción da presa en 1968 inundou a antiga vila e a capital foi trasladada a Sant Martí Sacalm.

Tiña en 2016 unha poboación de 95 habitantes, agrupados nas entidades de El Coll, El Far, Sant Martí Sacalm e Susqueda.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello Código postal de Susqueda, Xirona

Categoría:Concellos da provincia de Xirona