Os Cleveland Guardians son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Cleveland, Ohio. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da American League (AL). Desde 1994 xogan os seus partidos como local no Progressive Field, estadio con capacidade para 35.225 espectadores. Desde a súa fundación como franquía das ligas maiores en 1901, os Indians gañaron en dúas ocasións as Series Mundiais: en 1920 e 1948, alén de oito títulos da División Central e seis da American League. Actualmente, son o equipo coa maior xeira de anos sen gañar o campionato das Series Mundiais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos da MLB