San Miguel de Buciños é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 163 habitantes (82 mulleres e 81 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes. En 2018 baixou a 156 (80 mulleres e 76 homes), en 2020, 115, 81 mulleres e 74 homes. Toponimia O nome da parroquia deriva do antropónimo en latín relacionado con .
Fóra desta parroquia ningún outro lugar de Galicia leva o nome de Buciños
Patrimonio A igrexa parroquial, situada no lugar de Buciños, foi construída entre finais do século XVIII e comezos do XIX baixo a dirección do mestre Alonso Fraguas. Contén tres retablos de estilo neoclásico. O maior, no presbiterio, está dedicado a San Miguel; o do lado sur á Virxe do Carme; o do lado norte á Nosa Señora do Rosario.
No seu interior consérvanse as cinzas de San Pexerto mártir, atopado en xaneiro de 1823 nas catacumbas de San Calisto de Roma. Os restos foron doados en 1832 polo bispo de Valladolid José Antonio de Ribadeneira, natural desta parroquia, xunto cun vaso de sangue e a lápida de pedra do seu sepulcro anterior coas letras gravadas PEGERTVS. O nome Pegerto foi moi común na contorna, e se ben a xente do lugar pronuncia "Pegerto ou Peguerto", a evolución natural de ser palabra patrimonial sería Pexerto. A súa festividade celébrase o 9 de setembro, cunha romaría de sona porque a el ofrecíanse os mozos que entraban en quintas xa que era crenza que fora soldado en Roma. Moita xente ía o día 8 á Nosa Señora do Faro e xa continuaba para Buciños celebrar o San Pexerto.
Tamén era moi concorrida a festa do patrón San Miguel (29 de setembro) na que se xuntaba moita xente para "comer de campo" a carne ao caldeiro, o polbo á feira e a comida da casa. Ademais do campo da festa enchíanse de xente os prados da regueira. Como xa era unha festa tardía e no tempo da vendima repetíase o dito: San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.
O cruceiro de Buciños, século XIX, ten o capitel finalizado coas imaxes da Virxe e Cristo.
Na parroquia de Buciños consérvanse en moi bo estado os muíños do Muleiro
Diante da entrada da Casa Grande atópase unha das árbores senlleiras de Galicia, un carballo coñecido como o avó de Europa.
Fronte á igrexa parroquial está a casa natal do escultor Manuel García "Buciños".
Lugares e parroquias Lugares de Buciños
Parroquias de Carballedo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía