Mouse Trouble é unha curtametraxe clásica de animación de Tom e Jerry producida por Fred Quimby e dirixida por William Hanna e Joseph Barbera. A animación fixérona Ray Patterson, Irven Spence, Ken Muse e Pete Burness, e inclúe música de Scott Bradley.
Gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 17ª edición dos premios. Foi a segunda das sete curtas de Tom e Jerry que o gañaron.
Notas
Categoría:Filmes de 1944 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joseph Barbera Categoría:Filmes dirixidos por William Hanna Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada