Irréversible (estilizado como IЯЯƎVƎЯSIBLƎ) é un filme francés de drama e terror psicolóxico escrito e dirixido por Gaspar Noé que se estreou en 2002. Está protagonizado por Monica Bellucci, Vincent Cassel e Albert Dupontel. Emprega unha narrativa non lineal e segue a dous homes polas rúas de París na procura de vinganza pola violación da moza dun deles. A banda sonora foi composta polo artista de música electrónica Thomas Bangalter, máis coñecido por ser un dos integrantes do dúo Daft Punk.

O crítico de cinema estadounidense Roger Ebert considerouno "un filme tan violente e cruel que a moita xente vaille ser imposible de ver.""Irreversible" rogerebert.com 14 March 2003 Consultado o 30 de marzo de 2012 Irréversible competiu no Festival de Cannes de 2002 e gañou o premio ó mellor filme no Festival Internacional de Cine de Estocolmo. Foi un filme particularmente controvertido na súa estrea pola súa representación gráfica da violencia, concretamente a escena na que un home esmaga salvaxemente a testa doutro home cun extintor de incencios e a escena de violación de Alex (Monica Bellucci). Tamén foi acusado de aparente homofobia.

Personaxes Monica Bellucci como Alex Vincent Cassel como Marcus Albert Dupontel como Pierre Jo Prestia como Le Tenia Mourad Khima como Mourad Hellal como Layde Jaramillo como Concha Michel Gondoin como Mick Jean-Louis Costes como Fistman Philippe Nahon como Butcher Stéphane Drouot como amigo de Butcher Stéphane Derdérian e Gaspar Noé como homes do Rectum

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Gaspar Noé Categoría:Filmes sobre temática transxénero Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes sobre violación e vinganza Categoría:Filmes sobre prostitución Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment