Salvador Torres Ortega, nado o 22 de agosto de 1956 en Ulea (Murcia), é un ex xogador de rugby, internacional 60 veces coa selección española entre 1976 e 1990. Xogaba nas posicións de centro e á. Traxectoria Deixou a súa vila natal con cinco anos de idade, e ós once comezou a practicar rugby. Xogou toda a súa vida na Unió Esportiva Santboiana, acadando como capitán os primeiros títulos de liga do club en 1983/84, 1986/87 e 1988/89, así como a Copa do Rei de 1988/89, entre outros títulos. Foi un dos primeiros membros da selección de rugby a sete que comezou a competir a finais dos anos 80. Coa selección absoluta Salva Torres xogou 60 encontros, máis que ninguén até entón, superando os 59 de Manolo Moriche.

Véxase tamén Ligazóns externas Salva Torres en ESPN Otro murciano de Ulea que triunfa en el mundo Santboiana, indudable equipo del año

Torres Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados na Rexión de Murcia