Juan Manuel Álvarez Ramos, nado en 1922 e finado en Maside o 19 de novembro de 2014, foi un político galego.

Traxectoria Na época da transición foi membro da Comisión que elaborou o Estatuto dos dezaseis, o anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1981. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde de Maside por UCD. Nas municipais de 1983 presentouse por Coalición Galega e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.

Vida persoal Casou con Betty Carro Abdala.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Maside

Categoría:Alcaldes de Maside Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia