María Inmaculada Rodríguez Cuervo, nada en Madrid o 25 de maio de 1965, é unha política e empresaria galega.
Traxectoria Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense. Instalouse en Ourense e fíxose cargo da empresa familiar Mecanizados Rodríguez Fernández. Foi profesora de Mercadotecnia Internacional no mestrado de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela (1999-2002). Foi elixida deputada no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 2001 polo PPdeG. Foi vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia (2001-2005). Logo de deixar a política volveu ao mundo empresarial e en 2016 fundou Emociaccion e en 2017 RSC Galicia. Dende xuño de 2019 forma parte do Consello Social da Universidade da Coruña e en outubro de 2019 a asociación ARHOE para a racionalización dos horarios nomeouna a súa coordinadora en Galicia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia