Andrés Manuel Solar Santurio, nado en Xixón o 25 de agosto de 1955 e finado o 27 de decembro de 1984, foi un escritor en lingua asturiana e militante de esquerda nacionalista. Está considerado un dos mellores escritores do Surdimientu malia a súa pronta morte ós 29 anos.

Traxectoria Andrés Solar naceu en El Fondón, na parroquia de Deva, en Xixón. Fillo de labregos, fixo os estudos primarios na escola pública do lugar. No ano 1978, involúcrase no movemento de reivindicación lingüística e comeza unha intensa labor cultural e política.

Nos sete anos seguintes publicou artigos en prensa, gañou premios literarios, foi profesor na Universidade Popular de Xixón, foi membro da Academia de la Llingua Asturiana, colaborou co grupo de teatro Xaréu Títeres, foi membro de Conceyu Bable, Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana e do partido de esquerdas Ensame Nacionalista Astur.

Premios Andrés Solar Os Premios Andrés Solar foron creados en 1985 pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana en lembranza e homenaxe do escritor. Os premios teñen dúas categorías. A primeira categoría é a do Pegollu, que se entrega ás persones, entidades, grupos ou colectivos que dalgún xeito loitan pola lingua, incluíndoa na sociedade, empregándoa con normalidade ou favorecendo a súa normalización. A segunda categoría é Madreñazu purpurina, unha categoría de denuncia que vai dirixida a entidades, grupos, políticos ou colectivos que desprestixian o valor da lingua e o sentimento dos seus falantes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Nacionalistas asturianos