Luisa Durán, nada en Logrosán (provincia de Cáceres) o 19 de outubro de 1934 e finada en Vigo o 16 de abril de 2022, foi unha escritora estremeña autora de poesía, prosa e teatro, coñecida co alcume de "La cigarra estremeña". Escribiu en castelán e estremeño.
Traxectoria Comezou a interesarse pola poesía de nova, e escribiu os seus versos con seis anos. Estudou Maxisterio en Madrid, e con 23 anos emigrou coa súa familia a Borgoña, onde coñeceu o seu marido. O 1 de maio de 1963, Día da Clase Obreira, actuou en Dijon.
En 1970 regresou a Madrid, e consagrouse á literatura coa publicación de libros de poesía e participando en varias emisoras de radio. Foi nesa época cando o xornalista Joaquín Prat lle puxo o alcume de "La cigarra estremeña". Despois seguiu publicando tamén obras en prosa e mesmo algunha peza teatral.
Tempo despois trasladouse a Benicarló, onde fixou a súa residencia. Días antes do seu falecemento viaxara a Vigo para pasar uns días coa súa irmá. Alí faleceu por mor dun derramo cerebral.
Obras Tu nombre llevo en silencio (poesía, 1970) Mi tierra (poesía, 1981) Vivencias (poesía, 1996) El canto de la cigarra (poesía, 2002) Oficios perdidos: Costumbres y recuerdos de mi infancia (prosa autobiográfica, 2002) Qué tiempos! (teatro) En casa del alcalde (teatro) La feria (sainete) Notas
Véxase tamén Bibliografía Martínez Terrón, L. (2005): Primera Antología de Poesía Extremeña. Cáceres, autoedición.
Ligazóns externas Web presoal
Categoría:Escritores de Estremadura Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua estremeña Categoría:Poetas de España Categoría:Nados en Logrosán Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Personalidades sen imaxes