Maximiliano Brian Rolón, nado o 19 de xaneiro de 1995 en Rosario (Santa Fe) e finado en Pujato o 14 de maio de 2022, foi un futbolista profesional arxentino da canteira do FC Barcelona que xogaba como extremo esquerdo.

Era irmán xemelgo do tamén futbolista Leonardo Rolón.

Traxectoria Nado en Rosario (Santa Fe), Rolón comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Atlético Luján, club da súa cidade natal. No ano 2007 fichou pola canteira do FC Barcelona, aínda que non se mudou a La Masia até tres anos despois. Con todo, en 2013, foi cedido á UE Cornellà por mor da súa condición de cidadán extracomunitario, regresando ao club en xaneiro do ano seguinte para formar parte do "Xuvenil A". En maio dese mesmo ano foi ascendido ao FC Barcelona B da Segunda División. Tras ser ligado a unha posíbel cesión ao Lleida Esportiu en agosto, finalmente permaneceu no club barcelonés, debutando como profesional o 4 de outubro ante o CD Lugo no Mini Estadi. O 20 de setembro de 2015, co seu equipo agora na Segunda División B, marcou o seu primeiro gol como sénior ante a UE Olot na primeira vitoria da temporada. O de febreiro do ano seguinte rescindiu o seu contrato, asinado co Santos do Brasileirão. Tras a falta de oportunidades no club paulista, asinou o 31 de xaneiro de 2017 co Lugo de LaLiga2. A nivel internacional foi campión do Suramericano Sub-20 de 2015 coa .

Faleceu xunto co seu irmán, o tamén futbolista Ariel Rolón, o 14 de maio de 2022 debido ás feridas provocadas nun accidente de tráfico preto da localidade de Casilda, Santa Fe.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesFC Barcelona BLaLiga22014−201570FC Barcelona BSegunda B2015−2016152Santos FCBrasileirão201620CD LugoLaLiga2201720

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Rosario Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Santos FC Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Arsenal de Sarandí Categoría:Finados en accidente de tráfico