Lion, orixinalmente titulado A Long Way Home, é un filme australiano-estadounidense de drama dirixido por Garth Davis e escrito por Luke Davies, baseado no libro de non ficción A Long Way Home de Saroo Brierley. É protagonizado por Dev Patel, Rooney Mara, David Wenham e Nicole Kidman. Foi estreado mundialmente o 10 de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Toronto 2016. O filme foi estreado comercialmente nos Estados Unidos o 25 de novembro de 2016 por The Weinstein Company. En Galiza estreouse o 27 de xaneiro de 2017 coa dobraxe castelá.
O filme recibiu seis nomeamentos aos premios Oscar de 2017Oscar.go.
Sinopse Saroo (Dev Patel) é un raparigo indio de cinco anos que vive na extrema pobreza con súa nai e mailo seu irmán máis vello nunha vila da India. Accidentalmente un día queda durmido nun tren e aparece perdido a centos de quilómetros da súa casa.
Despois de morar na rúa e de se enfrontar a numerosos desafíos, Saroo é adoptado por unha parella australiana, Sue (Nicole Kidman) e John Brierley (David Wenham). Dende aquela, vive en Australia e medra arrodeado dunha cultura diferente, lonxe das súas orixes. Vinte e cinco anos despois, o mozo decide localizar a súa verdadeira familia, embarcándose así nunha difícil viaxe cara ao seu pasadoArgumento do filme en Sensacine.
Elenco Dev Patel como Saroo Brierley Nicole Kidman como Sue Brierley Rooney Mara como Lucy David Wenham como John Brierley Nawazuddin Siddiqui Priyanka Bose Tannishtha Chatterjee Deepti Naval Divian Ladwa Pallavi Sharda Benjamin Rigby Sachin Joab
Produción O 24 de abril de 2013 anunciouse que Garth Davis faría o seu debut como director coa película biográfica de Saroo Brierley, baseada no seu libro de memorias A Long Way Home, para See-Saw Films e Sunstar Entertainment. En maio de 2014 The Weinstein Company comprou os dereitos de distribución mundial do drama titulado Lion por 12 millóns de dólares. Luke Davies adaptou o libro para a película; mentres que Screen Australia e Fulcrum Media Finance a co-financiarían, See-Saw, Sunstar e Aquarius Films produciríana. Iain Canning, Angie Fielder e Emile Sherman foron incluídos como produtores da cinta. En outubro de 2014 Dev Patel e Nicole Kidman foron incluídos ao elenco para interpretaren os papeis principais do filme. En xaneiro de 2015 Nawazuddin Siddiqui, Priyanka Bose, Tannishtha Chatterjee e Deepti Naval sumáronse ao elenco. En abril de 2015 así o fan Rooney Mara, David Wenham e Divian Ladwa. Pallavi Sharda tamén se sumou ao elenco do filme, interpretando o amigo de Saroo. Volker Bertelmann e Dustin O'Halloran compuxeron a banda sonora da fita.«Dustin O'Halloran & Hauschka Scoring Garth Davis's Lion».
Recepción O filme recibiu críticas mixtas despois da súa estrea no Festival Internacional de Cinema de Toronto.«Nicole Kidman says adopting helped as Lion movie gets early mixed reviews».«Kidman's Lion scores mixed reviews» . En Rotten Tomatoes posúe unha porcentaxe de aprobación de 69%, baseada en 16 críticas, cunha cualificación media de 6,3/10.«Lion (2016)». En Metacritic ten unha puntuación de 61 sobre 100, con base en 8 críticos, indicando «críticas xeralmente favorábeis».«Lion reviews».
Premios e nomeamentos PremioCategoría ReceptoresResultado Ref(s)Premios Globo de Ouro de 2016Mellor película dramáticaGarth Davis, Iain Canning, Angie Fielder, Emile Sherman Nomeado«Winners & Nominees 2017 (Golden Globe Awards)» (en inglés). 12 de decembro de 2016. Mellor actor secundarioDev PatelNomeadoMellor actriz secundariaNicole KidmanNomeadaMellor banda sonoraHauschka, Dustin Ou'HalloranNomeada
PremioCategoría ReceptoresResultado Ref(s) Premios Oscar 2017 Mellor actor secundario Dev Patel Candidato Mellor actriz secundaria Nicole Kidman Candidata Mellor guión adaptado Luke Davies Candidato Mellor banda sonora Dustin O'Halloran e Hauschka Candidatos Mellor fotografía Greig Fraser Candidato
Notas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes ambientados en 1986 Categoría:Filmes ambientados en 1987 Categoría:Filmes ambientados en 1988 Categoría:Filmes ambientados en 2008 Categoría:Filmes ambientados en 2010 Categoría:Filmes ambientados en 2012