Vilaflor de Chasna (ata 2014 simplemente Vilaflor) é un concello español situado no sur da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. É un dos tres municipios tinerfeños que non teñen costa, xunto a El Tanque e Tegueste.

Limita ao norte con La Orotava, ao leste con Granadilla de Abona, ao sur con San Miguel de Abona e Arona e ao oeste con Adeje. O concello acada a súa altitude máxima na Cortada del Diablo, de 2.848 metros. A capital municipal atópase a unha altitude de 1.414 metros sobre o nivel do mar.

Tiña en 2016 unha poboación de 1.630 habitantes, agrupados nos núcleos de La Escalona, Jama, Trevejos e Vilaflor.

En Vilaflor naceu Pedro de Betancur, o primeiro santo das Illas Canarias.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do concello

Categoría:Concellos de Tenerife