O Circuíto Paul Armagnac tamén coñecido como Circuíto de Nogaro é unha pista de carreiras preto de Nogaro no suroeste de Francia.
Historia Inaugurouse o 3 de outubro de 1960 como o primeiro circuíto de carreiras construído especificamente en Francia. Nun principio ampliouse en 1973 e 1989 ao seus actuais 3´636 km. de lonxitude. En 2007 o circuíto foi modernizado incluíndo unha nova torre de control, un novo pitlane e ampliando a pista 12 m.
Paul Armagnac O circuíto noméase Paul Armagnac, polo piloto de carreiras, nado en Nogaro, dos anos 50 e 60. Correu cun deportivo DB e matouse o 21 de outubro de 1962 nun accidente durante a práctica para os 1000 km de París en Montlhéry.
Descrición da pista
A pista é relativamente plana, con 6 m. de diferenza de elevación entre os seus puntos máis alto e máis baixo. Córrese en sentido horario e consta de dúas longas rectas, a longa recta de saída de 950 m. chamada Claude Fior polo construtor de motocicletas nado en Nogaro e a recta do aeródromo case paralela, unido por varias seccións de tramos de curvas lentas.
Eventos Os eventos organizados no circuíto incluíron:
O Gran Premio de Motociclismo de Francia de 1978 a 1982. A rolda final do Campionato Sportscar da FIA de 2003 O Gran Premio de Nogaro das Fórmula 3000 series entre 1990 e 1993 Fórmula 2 de 1975 a 1978 O Campionato de Europa da FIA de Carreiras de Camións desde 1994 A Fórmula 3 Euro Series en 2007 A FIA GT Series e Blancpain Sprint Series O Campionato FFSA GT desde 1997 a 2011 e en 2014. A competición Europea do Eco-marathon de 2000-2009
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Circuítos de carreiras de Francia