O Castro da Lagoa é un castro galaico fortificado situado nunha ladeira. Está na parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño.
É un castro de ladeira. Foi destruído nos anos 1980 para facer prados e vivendas. Só quedan escalonamentos e socalcos no terreo. Non se sabe a forma orixinal do castro nin as súas dimensións pero podería ser de forma ovalada. Medía de leste-oeste uns 175 m. e de norte a sur norte-sur 75 metros. A entrada sería polo sueste, os muros tiñan unha altura de 4 ou 5 metros, formados por pedras e terra colocadas a modo de estruturas verticais ben definidas. Había muros de pedra e nos traballos agrícolas apareceron pedras de muíño e restos de cacharros de cerámica.
O castro está fronte ao Castro do Rodo.
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Ligazóns externas Castro da Lagoa. Catálogo de Castros de Ferrolterra. .
Lagoa