O Castro de Crecente é un castro galaico fortificado situado nunha chaira da parroquia de Loira, no concello de Valdoviño.

O recinto principal ten forma ovalada, con 110 m en dirección noroeste-sueste, e 95 m nordeste-suroeste.

Hai un antecastro ao sueste cun ancho de 40 m. Cara ao leste o muro ten ademais un murete vertical dun metro de altura. O castro e antecastro teñen varios accesos, algún dos cales corta as defensas. Ao norte unha estrada, e de norte a sur un camiño para explotación forestal. A entrada orixinal ao suroeste estaría protexida por un torreón enfrontado ao punto de unión dos outros muros.

Véxase tamén

Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Ligazóns externas Castro de Crecente. Catálogo de Castros de Ferrolterra. .

Crecente