Brian Finnegan, nado o 20 de agosto de 1969 en Armagh, é un músico e frautista irlandés.
Traxectoria Comezou a tocar o tin whistle con oito anos como estudante no Armagh Pipers Club.Armagh Pipers Club Website Acadou sona co grupo irlandés Upstairs in a Tent,Brian Finnegan Band, Armagh Pipers Club website . e despois en 1993 lanzou un álbum en solitario chamado When the Party's Over, que foi gravado en Redesdale StudiosBrian Finnegan, Paul McSherry website. En 1995 formou o grupo musical Flook. Orixinalmente formado por Sarah Allen e Michael McGoldrick con Brian Finnegan, posteriormente engadiron ao guitarrista Ed Boyd. Cando McGoldrick deixou o grupo en 1997, Kohn Joe Kelly uniuse ao grupo para tocar o bodhrán. Flook continuou a súa andaina facendo unha xira arredor do mundo e en 2006 foi galardoado como o mellor grupo musical nos BBC Radio 2 Folk Awards.
En 2010, Brian formou o seu propio trío musical co guitarrista Ian Stephenson e o percusionista Jim Goodwin. Logo fixeron o grupo Kan co violinista Aidan O'Rourke, até a disolución da banda en 2014.
Discografía Álbum en solitario When the Party's Over (1993) The Ravishing Genius of Bones (2010)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Flook KAN Burwell Bash
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Armagh Categoría:Frautistas Categoría:Músicos de Irlanda do Norte