A bremaBOE, Suplemento en lingua galega ao núm. 298, Luns 12 de decembro de 2011 Sec. I. Páx. 23. (Abramis brama) é unha especie de peixe de auga doce pertencente á familia dos ciprínidos (Cyprinidae) que habita nos ríos e lagos de Irlanda, Reino Unido, centro e norte de Europa, e Rusia.
Aspecto e anatomía O seu corpo está comprimido lateralmente; no dorso presenta unha xiba algo marcada no seu parte anterior. Normalmente mide entre 40 e 60 cm de lonxitude con pesos de 2-3 kg. A lonxitude máxima é de 90 cm e en Alemaña capturouse en 2000 un exemplar de 85 cm e 7 kg de peso. Os exemplares de máis de 70 cm son raros, e só se dan en lugares específicos cunha poboación baixa de pláticas. esquerda|miniatura|247x247px|Brema dourada enriba e brema común embaixo.
É unha especie moi común en augas estancadas ou de curso lento, con fondos arxilosos ou lamosos, aínda que tamén está presente en estuarios (mar Báltico) e augas salobres (mar Caspio e Aral). Aliméntanse de bivalvos, larvas de mosquitos e vermes. A época de desova ocorre entre maio e xuño, en augas ricas en vexetación; os machos presentan durante este período tubérculos brancos ou amarelos sobre a cabeza e a parte anterior do corpo. A súa carne é consumida como alimento.
Pesca miniatura|259x259px|Brema común en Praga. En moitos países do norte de Europa é un dos peixes máis apreciados polos pescadores deportivos, debido á súa abundancia e a que, en proporción ao seu tamaño, non é moi loitador nin dificíl de extraer vivo, o cal o converte en obxectivo ideal en competicións deportivas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Carpa vermella Ctenopharyngodon idella
Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Peixes Categoría:Cipriniformes Categoría:Cyprinidae Categoría:Taxons descritos por Linné