As Instalacións de Zubieta son os terreos de adestramento da Real Sociedad que se atopan situadas no barrio de Zubieta, na cidade de Donostia (Guipúscoa), xunto ao hipódromo.

En 2004 acabou a última fase de construción da Cidade Deportiva do club vasco, que ten unha superficie de 70.000 m² de superficie e acolle os adestramentos do primeiro, segundo equipo e os equipos inferiores do fútbol base.

As instalacións contan cun aforamento de 2.500 espectadores, dispoñen de 7 campos, 4 de herba natural e 3 de herba artificial. Igualmente conta cunha sala de rehabilitación, ximnasio, sala de proxeccións e sala de prensa.

Orixinalmente este ía ser o lugar para construír o novo estadio da Real, que ademais sería unha das sedes do Mundial de España de 1982. Ao final por desavinzas co Concello non se chegou a construír e Donostia quedou sen Mundial.

Instalacións Campo Z-1 (José Luis Orbegozo) - Céspede natural - 105 x 68 metros. Campo Z-3 - Céspede natural - 80 x 30 metros. Campo Z-4 - Céspede artificial - 105 x 65 metros. Campo Z-5 - Céspede artificial - 105 x 68 metros. Campo Z-6 - Céspede natural - 105 x 68 metros. Campo Z-7 - Céspede natural - 105 x 68 metros.

Véxase tamén Real Sociedad de Fútbol Estadio Municipal de Anoeta Ligazóns externas Sitio web oficial da Real Sociedad

Zubieta Categoría:Real Sociedad