La La Land é un filme musical estadounidense de 2016, dirixido e escrito por Damien Chazelle. O filme é unha versión moderna do musical hollywoodense do mesmo nome. Ryan Gosling, como protagonista, interpreta a Sebastian, un pianista de jazz que se namora de Mia, unha aspirante a actriz nos Ánxeles, interpretada por Emma Stone. Foi lanzada nos Estados Unidos o 9 de decembro de 2016 por Summit Entertainment. O elenco inclúe tamén a J. K. Simmons, Finn Wittrock, John Legend e Rosemarie DeWitt. O filme tivo a súa estrea mundial na 73° edición do Festival de Venecia, que se levou a cabo do 31 de agosto ao 10 de setembro de 2016.
A película foi eloxiada polo público e a critíca, sendo nomeada a varios premios destacando os Globos de Ouro onde gañou as 7 categorías ás que estaba nomeada (mellor filme - comedia ou musical, director, actor e actriz de comedia ou musical, guión, banda sonora e canción orixinal), converténdoa na película máis premiada da historia do Globo de Ouro, superando Alguén voou sobre o niño do cuco que levara 6 premios en 1975. O 24 de xaneiro de 2017 foi nomeada a 14 premios Oscar, igualando a Titanic e Todo sobre EvaNoticia en El País.
Estreouse en galego o 3 de marzo de 2025 a través da TVG.
Sinopse Mia (Emma Stone) é unha moza que mora nos Ánxeles; é unha das moitas aspirantes a ser actriz na procura do soño hollywoodiense, gaña a vida choiando coma camareira mentres se presenta a varias de probas de casting. Sebastian (Ryan Gosling) é un pianista que traballa en bares de má morte e o seu soño é poder ter o seu propio club onde se lle poida render tributo ao jazz máis puro.
Os destinos de Mia e Sebastian cruzaranse e a parella descubrirá o amor, un vínculo que porá en perigo as aspiracións de ambos os dous. Nunha competición constante por procurar un oco no mundo do espectáculo, a parella descubrirá que o equilibrio entre o amor e a arte pode ser o maior obstáculo de todos.
Elenco miniatura|100px|left|Ryan Gosling, interpreta a Sebastian miniatura|100px|left|Emma Stone, interpreta a Mia Ryan Gosling como Sebastian Wilder Emma Stone como Mia Dolan J.K. Simmons como Bill Finn Wittrock como Greg Earnest Sonoya Mizuno como Caitlin Jessica Rothe como Alexis Callie Hernandez como Tracie Jason Fuchs como Carlo Rosemarie DeWitt como Laura Wilder John Legend como Keith Meagan Fay como nai de Mia Tom Everett Scott como David Damon Gupton como Harry Josh Pence como Josh Anna Chazelle como Sarah
Produción miniatura|190x190px|Damien Chazelle, director e escritor do filme. O proxecto foi anunciado por vez primeira o 5 de xuño de 2014, cando se informou que Miles Teller e Emma Watson estaban en conversacións para se unir ao filme de comedia musical La La Land co director-guionista de Whiplash, Damien Chazelle, que tamén dirixiu a película baseada no seu propio guión. Jordan Horowitz fixouse para producir a película por medio de Gilbert Films, e Fred Berger pola súa propia produtora Impostor Pictures, mentres que Lionsgate se ocuparía da distribución interna do filme. Justin Hurwitz reuniuse co director para compor a música do filme.
O 14 de abril de 2015, anunciouse que Ryan Gosling e Emma Stone estaban en conversacións para se uniren ao filme nos papeis principais, mentres que se revelou que o guión fora escrito antes da película Whiplash. O 30 de abril, ambos os dous actores, Gosling e Stone foron confirmados para os papeis principais. O 8 de xullo de 2015, informouse que Jessica Rothenberg, Sonoya Mizuno e Callie Hernández se engadiran á película para interpretar os compañeiros da personaxe de Stone. O 10 de xullo de 2015, The Hollywood Reporter confirmou que J. K. Simmons asinara para se reunir co seu director de Whiplash, na película musical interpretaría o papel de "Boss". O mesmo día, THR tamén informou que Finn Wittrock se unira á película para interpretar o papel de Greg, mentres que os produtores da película serían Berger, Gary Gilbert, Horowitz e Marc E. Platt. O 4 de agosto de 2015, Rosemarie DeWitt asinou un contrato para protagonizar a película interpretando a irmá de Sebastian. O mesmo día, John Legend tamén se uniu ao elenco. O 10 de agosto de 2015, Meagen Fay uniuse á película para interpretar a nai da personaxe de Stone. O 11 de agosto de 2015, Jason Fuchs asinou para interpretar a Carlo, un guionista que impacta no carácter da actriz de Stone.
Finalmente, o resto do elenco da película; J. K. Simmons, Sonoya Mizuno, Jessica Rothe, Callie Hernández, Finn Wittrock, Rosemarie DeWitt, Tom Everett Scott, Josh Pence e John Legend déronse a coñecer entre xullo e agosto de 2015.
Rodaxe A rodaxe do filme comezou o 10 de agosto de 2015, nos Ánxeles. Máis tarde, Gosling e Stone foron vistos no set durante a rodaxe.
O guionista e director, Chazelle, quería que se rodase nos Ánxeles mesmo, e comentou que "hai algo moi poético sobre esta cidade, unha cidade construída por persoas con estes soños poucos realistas". Desde o principio, Chazelle quería que no filme aparecesen diferentes números musicais utilizando diversos estilos. A rodaxe principal da película comezou nos Ánxeles o 10 de agosto de 2015, e continuou en máis de 60 localizacións da cidade.
Música
Estrea La La Land tivo a súa estrea mundial na inauguración do Festival Internacional de Cine de Venecia, o 31 de agosto de 2016. A película tamén tivo unha exhibición no Festival de Cine de Telluride, no Festival Internacional de Cine de Toronto o 12 de setembro de 2016, no Festival de Cine de Londres, o Festival de Cine de Middleburg a finais de outubro de 2016, o Festival de Cine de Virxinia celebrado na Universidade de Virxinia o 6 de novembro de 2016, AFI Fest o 15 de novembro de 2016.
A película foi fixada inicialmente para unha estrea do 15 de xullo de 2016; con todo, en marzo de 2016 anunciouse que a película se estrearía en todo o país o 16 de decembro.«"'Power Rangers,' Kristen Stewart's 'American Ultra' Land Release Dates"». «"Ryan Gosling, Emma Stone Musical 'La La Land' Grabs Oscar Season Debut"». Chazelle admite que o cambio foi porque sentía que a data de lanzamento non era a correcta para o contexto da película.«"La La Land director on the 'timeless glamour' of Ryan Gosling & Emma Stone"» .«"How 'La La Land' Director Damien Chazelle, His Team & Lionsgate Faced The Music & Resurrected The Original Hollywood Musical"». «"'Fantastic Beasts' Conjures $680M WW; 'Christmas Party' & 'Sing' Swing; 'Hacksaw' Wows In China Bow – Intl Box Office"».
Recepción
Recadación Dende o 11 de decembro de 2016, La La Land recadou 881 104 dólares nos Estados Unidos e o Canadá e 4,8 millóns noutros territorios, cun total mundial de 5,5 millóns de dólares, contra un orzamento de produción de 30 millóns de dólares.
La La Land comezou a súa estrea en salas cunha versión limitada en cinco cines nos Ánxeles e Nova York o 9 de decembro. Gañou $881 104 dólares na súa primeira fin de semana, dando á película unha media por cine de 176 221 dólares, a mellor media do ano.«"Weekend Box Office: 'Office Christmas Party' Wins Friday; 'La La Land' Soars"». «"Box Office: 'Office Christmas Party' Topped Friday, But 'La La Land' Nabbed Festive $300K"». «"'La La Land' Dances To Year's Best Box Office Theater Average"».
Recepción crítica La La Land foi recibida con eloxios da crítica, con eloxios dirixidos ao guión e á dirección de Chazelle, ás actuacións de Gosling e Stone, á partitura musical de Hurwitz e aos números musicais da película.«"Emma Stone and Ryan Gosling's 'La La Land' gets rave reviews in Venice"». «"Venice audiences enchanted by 'La La Land'"». «"Ryan Gosling, Emma Stone, Damien Chazelle's 'La La Land' Wow Venice"». «"La La Land Stuns at the Venice Film Festival"». O sitio web de comentarios Rotten Tomatoes dá á película unha cualificación de aprobación do 95%, baseada en 135 revisións, cunha cualificación media de 8.7/10. O consenso crítico do sitio di, "La La Land dá unha nova vida nun xénero pasado coa dirección emocionante, asegurada, funcionamentos de grande alcance, e un irresistíbel excedente do corazón."«"La La Land (2016)"». En Metacritic, que asigna unha cualificación normalizada, o filme ten unha puntuación de 91 sobre 100, baseado en 39 revisións, o que indica "aclamación universal".«"La La Land reviews"».
Peter Travers de Rolling Stone dixo que La La Land era o seu filme favorito de 2016. Peter Bradshaw, de The Guardian, outorgou á película cinco de cinco estrelas, describíndoa como "unha obra mestra soprada polo sol".«"La La Land review: Ryan Gosling and Emma Stone shine in a sun-drenched musical masterpiece"».
Premios Oscar O 24 de xaneiro de 2017 foi nomeada a 14 premios Oscar, igualando a Titanic e Todo sobre Eva.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Damien Chazelle Categoría:Filmes musicais Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego