miniatura|Escudo da cidade de Bünde, en Renania do Norte-Westfalia, que representa a Horsa e ao seu irmán Hengest dándose a man tras acordar a invasión de Gran Bretaña; acordo que, segundo a tradición, se produciu en Bünde.Gwyn Jones, A History of the Vikings, Oxford University Press, 1973, p. 31, 196. Horsa foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V), que conxuntamente co seu irmán Hengest protagonizaron a primeira colonización xermánica na illa de Gran Bretaña. Algúns historiadores citan a ambos os irmáns como saxóns, oriúndos de Xutlandia, que lideraron a anglos, saxóns e xutos na invasión e protagonizaron un asentamento no reino de Kent.. Traxectoria Segundo a crónica anglosaxoa, Horsa morreu na batalla de Aylesford (455), combatendo xunto ao seu irmán contra Vortigern, rei dos britanos, quen en principio facilitara o seu asentamento a cambio de protexer o reino do ataque dos pictos, pero posteriormente a colonización converteuse en conquistaAnglo-Saxon Chronicle Textos orixinais transcritos.

Horsa foi enterrado no leste de Kent, onde un monumento que lembraba o seu nome aínda existía nos tempos de Beda.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Oisc de Kent Reino de Kent Odinic Rite

Categoría:Finados en 455 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Mortos en combate