A serra de Chiribiquete é unha meseta rochosa na rexión amazónica colombiana orixinada a partir do escudo güianés. Co conxunto da Serra de Naquén e a Serra da Macarena, son os sistemas montañosos máis importantes da Amazonia colombiana. No ano 2018, a UNESCO clasificou o parque como Patrimonio da Humanidade.

Historia É considerado punto neurálxico no poboamento de América do Sur, o cal se estabeleceu grazas a varias expedicións antropolóxicas que descubriron nas súas montañas gran cantidade de pictogramas. En máis de 36 abeiros rochosos de diferente tamaño e localización; identificáronse máis de 200.000 debuxos, que conforman o maior achado de pictografías rupestres amazónicas. As máis antigas datan de 19.500 anos antes do presente.Castaño Uribe, Carlos (2008) Tradición Cultural Chiribiquete.

O pobo indíxena Carijona, que habitaba esta rexión, foi decimado durante a febre do caucho, por parte da compañía da Casa Arana situada na Chorrera (departamento do Amazonas). Estase a levar a cabo un proceso de conservación levado a cabo polo ministerio do Ambiente colombiano, por medio do sistema de parques nacionais, o que permitiu crear o Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete. Por mor do conflito colombiano o proceso de colonización chegou a este parque nos últimos anos, polo que o seu ecosistema único no mundo atópase seriamente ameazado polos cultivos de coca e o abandono.

Localización A Serra de Chiribiquete atópase entre os departamentos de Guaviare e Caquetá, na zona amazónica colombiana. Adicionalmente pódese representar a Serra de Chiribiquete en tres rexións: o Macizo Norte, onde se presentan as maiores elevacións (820–840 m); o Macizo Central, con alturas que oscilan entre 350 e 600 m e, finalmente, as chamadas Mesas de Iguaje, cuxas alturas non exceden os 400 m.

Imaxes da serra

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete

Categoría:Cordilleiras de Colombia