A lingua palauana (a tekoi er a Belau) é unha das dúas linguas oficiais da República de Palau, sendo a outra o inglés. É membro da familia de linguas austronesias, e é unha das dúas linguas indíxenas en Micronesia que non é parte da póla oceánica da familia, sendo a outra o chamorro (véxase , , e ). Moitos estudosos concordan que o palauano e o chamorro forman parte das linguas sunda–sulawesi da familia austronesia, malia que algúns consideran que o palauano posiblemente constitúa unha póla independente das linguas malaio-polinesias . A lingua palauana é amplamente empregada no día a día en Palau.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Comisión da Lingua de Palau
Categoría:Linguas de Palau Categoría:Linguas malaio-polinesias