José Vega Seoane,Nalgunhas fontes aparece como Juan Antonio Vega Seoane coñecido como Ánimas, nado en Xares (A Veiga) e finado o 9 de xullo de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Obreiro do ferrocarril, comunista, era membro da Sociedad Obrero Campesina de Xares da UGT. Botouse ao monte a finais de 1936, e incorporouse á partida de Manuel Álvarez Arias "Bailarín" na serra do Eixo. En 1940 pasou á partida de Alfredo Yáñez Domínguez "Aguirre" co resto da partida de "Bailarín". Operaron no Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Gudiña, Comarca de Cabreira e Ponferrada. Foi un dos guerrilleiros que intentaron saír de Galicia vía Portugal o 27 de xullo de 1940. Participou na constitución da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Despois do terceiro Congreso da Federación aparece na II Agrupación á fronte dun dos seus destacamentos. Morreu o 9 de xullo de 1945 en Penas Brancas, na Serra de Corbaceira (Porto, provincia de Zamora), ao estalarlle unha granada que ía lanzar sobre unha patrulla da Garda Civil. Nesa acción morreron catro gardas civís.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Veiga Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes