miniatura|Artista da ópera de Pequín. A é unha forma de ópera chinesa que mestura música, canto, mímica, danza e acrobacias. Xurdiu a finais do século XVIII e desenvolveuse plenamente a mediados do século XIX. Este espectáculo era extremadamente popular na corte da dinastía Qing e está considerado como un dos tesouros culturais da China. As principais agrupacións de artistas son as de Pequín e Tianjin, no norte, e Shanghai, no sur. Esta forma de arte foi tamén preservada en Taiwán, onde é coñecida como . Tamén se estendeu a outros países como os Estados Unidos e o Xapón.

A ópera de Pequín inclúe catro tipos principais de personaxes: os cabaleiros ou sheng, as damas ou dan, os homes rudos ou jing e os pallasos ou chou. As troupes adoitan ter varios actores para cada categoría, así como intérpretes secundarios e terciarios. Cos seus elaborados e coloridos disfraces, os actores son o elemento basilar da posta en escena deste tipo de ópera, que é sobra en canto ao attrezzo. Estes empregan as súas habilidades de oratoria, canto, danza e combate con movementos simbólicos e suxestivos, afastándose do realismo. Neste sentido, a destreza dun actor mídese pola beleza dos seus xestos. Así mesmo, úsase toda unha variedade de convencións de estilo que axudan á audiencia a seguir a trama dunha representación. As capas de sentido de cada movemento deben coordinarse coa música. Esta acostuma a dividirse nos estilos xipi (西皮) e erhuang (二黄). Son típicas as arias, as melodías de ton fixo e os patróns de percusión. O repertorio da ópera de Pequín consta de máis de 1400 obras, baseadas na historia chinesa, o seu folclore e, cada vez máis, a vida actual.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web da ópera de Pequín Introdución á ópera de Pequín Máscaras da ópera de Pequín

Categoría:Pequín Categoría:Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade Categoría:Ópera