Fabio Frittelli, nado en Monfalcone o 24 de xullo de 1966 e finado en Udine o 6 de febreiro de 2013, máis coñecido polo seu pseudónimo Mo-Do, foi un músico italiano de música electrónica, que acadou certa fama na década dos anos 1990. Malia ser italiano, as súas cancións estaban en alemán. O nome Mo-Do estaría orixinado nas iniciais da súa vila de orixe (Monfalcone) e do día do seu nacemento (Domenica, domingo en italiano) respectivamente.Last.fm - Mo-Do
Carreira Frittelli comezou a súa carreira como Mo-Do tras coñecer ó produtor italiano Claudio Zennaro. Posteriormente traballou con outros produtores, en ocasións citados como membros do seu grupo, como Fulvio Zafret, Mario Pinosa e Sergio Portaluri.DiscoGS page about Mo-Do O seu principal tema de éxito foi o sinxelo "Eins, Zwei, Polizei" (coproducido xunto a Zennaro e Zafret) que acadou o primeiro posto nas listas musicais de Alemaña, Austria e Italia.Hit Parade Italia
Suicidio Frittelli apareceu morto no seu fogar en Udine o 7 de febreiro de 2013, ós 46 anos de idade. Segundo o informe policial, Fritelli suicidárase.
Discografía
Álbum de estudio Was ist das? (Metronome Records, 1995)
Sinxelos Ano Sinxelo Posición nas listas Certificacións Álbum ITA AUTInternational peaks FINFinnish peak for "Eins, Zwei, Polizei" FRA DEU NLD SWE CHE 1994 "Eins, Zwei, Polizei" 1 1 3 8 1 2 9 5 AUT: OuroAustrian certifications, database ifpi.at (Retrieved 31 de agosto de 2008) DEU: Ouro Was ist das? "Super Gut" — 11 1 30 26 — 20 18 1995 "Gema Tanzen" — — — — — — — — 1996 "Sex Bump Twist" — — — — — — — —
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mo-Do - Eurodance Encyclopedia
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados na provincia de Gorizia Categoría:Finados en 2013 Categoría:Suicidios en 2013 Categoría:Músicos de Italia Categoría:Suicidas de Italia Categoría:Cantantes en lingua alemá