Alephocephalus é un xénero de peixes teleósteos mariños da orde dos osmeriformes, suborde dos arxentinoideos e superfamilia dos alepocefaloideos, que o tipo da familia dos alepocefálidos.Alepocephalus Risso, 1820 no WoRMS.Alepocephalus Risso, 1820 no ITIS.

O xénero comprende vinte especies distribuídas polas costas do leste do océano Atlántico, oeste do océano Índico e leste e oeste do océano Pacífico.Nelson, J. S. (2006).

Características Son pequenos peixes caracterizados por teren a cabeza sen escamas (ao que alude o seu nome científico), longas e numerosas fendeduras das galada, e a boca armada normalmente con dentes pequenos.

Hábitat e distribución O seu hábitat máis común son as augas profundas, por debaixo dos 1 000 m.

As vinte especies que intregran o xénero distribúense polas costas do leste do océano Atlántico, oeste do océano Índico e leste e oeste do océano Pacífico.Nelson, J. S. (2006).

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1820 polo naturalista nizardo Antoine Risso, na súa obra Ichthyologie de Nice ou Histoire naturelle des poissons du département des Alpes Maritimes. Ler en liña, editada en París por F. Schoell.

Porén, algúns autores atribúenlle a descrición a George Brown Goode e Tarleton Hoffman Bean, en 1879.Alepocephalus Goode and Bean 1879 en Fossilworks.

Etimoloxía O nome do xénero, Alepocephalus, Risso construíuno cos elementos do latín científico a-, -lep- e -cephalus, o primeiro calco da partícula negativa do grego antigo ἀ-, e o segundo e o terceiro tirados das raíces das voces gregas λεπίς lĕpís, "escama", e κεφαλή kephalḗ, "cabeza", unidas por un -o- epentético para facilitar a pronuncia, e ramatado o nome en -us, indicando nominativo masculino singular. Literalmente, "os [peixes] coa cabeza sen escamas"

Especies O xénero conta coas seguintes vinte especies válidas:Alepocephalus Risso, 1820 na EOL.Lista de especies v álidas da familia Alepocephalidae en FishBase.

Alepocephalus agassizii Goode & Bean, 1883 Alepocephalus andersoni Fowler, 1934 Alepocephalus antipodianus (Parrott, 1948) Alepocephalus asperifrons Garman, 1899 Alepocephalus australis Barnard, 1923 Alepocephalus bairdii Goode & Bean, 1879 Alepocephalus bicolor Alcock, 1891 Alepocephalus blanfordii Alcock, 1892 Alepocephalus dentifer Sazonov & Ivanov, 1979 Alepocephalus fundulus Garman, 1899 Alepocephalus longiceps Lloyd, 1909 Alepocephalus longirostris Okamura & Kawanishi, 1984 Alepocephalus melas de Buen, 1961 Alepocephalus owstoni Tanaka, 1908 Alepocephalus planifrons Sazonov, 1993 Alepocephalus productus Gill, 1883 Alepocephalus rostratus Risso, 1820 Alepocephalus tenebrosus Gilbert, 1892 Alepocephalus triangularis Okamura & Kawanishi, 1984 Alepocephalus umbriceps Jordan & Thompson, 1914

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, W. N.; R. Fricke & R. van der Laan, eds. (2016): Catalog of Fishes: Genera, Species, References. (Ver en liña). Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (Cuarta ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos Osmeriformes Alepocefálidos

Ligazóns externas Alepocephalus Risso, 1820 no WoRMS. Alepocephalus Risso, 1820 no ITIS. Alepocephalus Goode and Bean 1879 en Fossilworks. Alepocephalus Risso, 1820 na EOL. Alepocephalus Risso, 1820 no NCBI.

Categoría:Osmeriformes