miniatura|200px|Unha reconstrución da Menorá do Templo creada polo Instituto do Templo.

A menorá (; ) descríbese na Biblia como un candelabro hebreo de sete brazos feito de ouro, que estaba situado no Tabernáculo e no Templo de Xerusalén.J.D. Douglas y Merril C. Tenney, The New International Dictionary of the Bible, Grand Rapids, Michigan: Zondervan Publishing House, 1987, pp. 581-582. No Templo, expresa a Biblia, diante do Santo dos Santos había un candelabro de ouro puro, labrado con mazo que tiña sete brazos, en cada un dos cales ardía unha lámpada ou luminaria.

Descrición A descrición da menorá podemos atopala no libro do Éxodo.

Historia 400px|miniatura|A menorá no arco de Tito en Roma. A menorá orixinal fabricouse para o Tabernáculo e a Biblia recolle que estivo presente ata que os israelítas cruzaron o río Xordán. Cando o Tabernáculo se estableceu na cidade de Shiloh, asúmese que a menorá tamén estaba presente. Porén, non se fai mención algunha durante os anos nos que a Arca da Alianza se desprazou en tempos de Samuel e Saul. Non hai mencións da menorá no Templo de Salomón salvo no libro dos Reis Reis 7:49 Está rexistrado en Xeremías 52:19 que a menorá foi levada a Babilonia polo exército invasor varios séculos despois.

Durante a restauración do Templo tralos 70 anos de cativerio en Babilonia, non se fai mención ningunha do regreso da menorá, só de "vasillas".

O destino da menorá utilizada no Segundo Templo quedou rexistrado por Flavio Xosefo, quen di que foi levada a Roma e transportada durante o triunfo de Vespasiano e Tito. A menorá foi depositada no Templo da Paz de Roma. O relevo no Arco de Tito en Roma mostra a escena dos soldados transportando varios obxectos durante o saqueo do Segundo Templo, en particular, o candelabro de sete brazos.

Probablemente a menorá foi roubada durante o Saqueo de Roma do ano 455, e levada polos Vándalos a súa capital, Cartago.Edward Gibbon: The History of the Decline and Fall of the Roman Empire (Volume 7: Chapter XLI. From the Online Library of Liberty. The J. B. Bury edition, in 12 volumes.) O exército bizantino, baixo o mando de Belisario puido levala a Constantinopla no ano 533. Segundo Procopio, foi transportada polas rúas de Constantinopla durante a procesión triunfal de Belisario.Procopius, Vandal Wars, Book IV. ix. 5. Procopio engade que o obxecto foi enviado de volta a Xerusalén onde non hai rexistros, aínda que probablemente fose destruído durante o asedio dos persas no ano 614.Procopius, Vandal Wars, Book IV. ix. 9.

Simbolismo Xudaísmo A menorá simboliza no xudaísmo o ideal da iluminación universalChanan Morrison, Abraham Isaac Kook, Gold from the Land of Israel: A New Light on the Weekly Torah Portion - From the Writings of Rabbi Abraham Isaac HaKohen Kook, page 239 (Urim Publications, 2006). ISBN 965-7108-92-6 Os sete brazos son unha alusión ás ramas do coñecemento humano, representado por seis lámpadas inclinadas cara ao interior, e simbolicamente guiadas pola luz de Deus representado pola lámpada central. A menorá tamén representa creación en sete días, co brazo central representando o shabat.

Cristianismo miniatura|Reverso dunha moeda de 1590 en honra de Urbano VII cunha menorá e a lendaSIC•LUCEAT•LUX•VESTRA(Así alume a vosa luz - Mat. 5:16)

O libro da Revelación do Novo Testamento refírese a sete candelabros, representando as sete igrexas de Asia as cales foi enviada a revelación (Éfeso, Smyrna, Pergamo, Tiatira, Sardes, Filadelfia e Laodicea), cun "Fillo do Home" no medio deles.Apocalipse. 1:12,20

Segundo Clemente de Alexandría e Filón de Alexandría, as sete lámpadas da menorá dourada representaban os sete planetas clásicos nesta orde: a Lúa, Mercurio, Venus, o Sol, Marte, Xúpiter e Saturno.p.10, Morals and Dogma of the Ancient and Accepted Scottish Rite of Freemasonry by Albert Pike (L.H. Jenkins, 1871 )

Estado de Israel miniatura|150px|dereita|Emblema de Israel Desde 1948 a menorá é un dos símbolos do Estado de Israel e aparece representada no seu emblema.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Tabernáculo Templo de Xerusalén Hanuka

Categoría:Xudaísmo