Javier Dorado Soto, nado en Vigo en 1988 é un consultor e político galego do Partido Popular.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Afiliado a Novas Xeracións de Galicia desde os 16 anos, foi vicepresidente local de NNGG de Vigo, presidente provincial de NNGG de Pontevedra (2007-2010) e presidente de Novas Xeracións de Galicia (2010-2014). Foi Secretario Xeral Nacional de Nuevas Generaciones e membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular entre os anos 2011 e 2017.

Foi elixido deputado por Pontevedra nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, tomando posesión en febreiro de 2013. Foi voceiro de Xuventude e Voluntariado do Grupo Parlamentario Popular.

Colaborou con medios de comunicación televisiva, radiofónica e escrita, como o blog 'El Dorado' no periódico dixital Periodista Digital. E formou parte da mesa política de Las mañanas de Cuatro en Cuatro.

En decembro de 2016 foi nomeado director xeral do Instituto de la Juventud.

Tras deixar a política desempeñou postos de responsabilidade nas consultoras Kreab e Weber Shandwick e posteriormente dirixiu a área de relacions institucionáis en Cabify ata o ano 2024. Dende entón lidera a organización medioambiental Legados.

Notas

Categoría:Políticos do PP Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1988 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela