A dos lepidopodinos (Lepidopodinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, unha das tres nas que se subdivide a familia dos triquiúridos.Lepidopodinae Gill, 1863 no WoRMS.Trichiuridae Rafinesque, 1810 no WoRMS.

Os peixes desta subfamilia son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.Johnson, G. D. & Gill, A. C. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 190.

As especies da subfamilia, algunhas de interese pesqueiro, son coñecidas vulgarmente como sabres,sabre 2 <small>ANIMAL/ICT</small>1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178. ou peixes sabre.Lepidopus cuadatus (Euphrasen, 1788), en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-225.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1863 polo ictiólogo e paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.

Etimoloxía O nome da subfamilia está construído normalmante, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Lepidopus, engadíndolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Clasificación Non hai unanimidade entre os autores na sistemática desta subfamilia. Así, temos, en diferentes bases de datos, os seguintes xéneros, coas especies que se indican:

Segundo o WoRMS

Subfamilia Lepidopodinae Xénero Assurger Whitley, 1933 Assurger Whitley, 1933 no WoRMS. Assurger anzac (Alexander, 1917) Xénero Eupleurogrammus Gill, 1862 Eupleurogrammus Gill, 1862 no WoRMS. Eupleurogrammus glossodon (Bleeker, 1860) Eupleurogrammus muticus (Gray, 1831) Xénero Evoxymetopon Gill, 1863 Evoxymetopon Gill, 1863 no WoRMS. Evoxymetopon macrophthalmus Chakraborty, Yoshino & Iwatsuki, 2006 Evoxymetopon poeyi Günther, 1887 Evoxymetopon taeniatus Gill, 1863 Xénero Lepidopus Goüan, 1770 Lepidopus Goüan, 1770 no WoRMS. Lepidopus altifrons Parin & Collette, 1993 Lepidopus calcar Parin & Mikhailin, 1982 Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) Lepidopus dubius Parin & Mikhailin, 1981 Lepidopus fitchi Rosenblatt & Wilson, 1987 Lepidopus manis Rosenblatt & Wilson, 1987

Segundo o ITIS

Subfamilia Lepidopodinae Lepidopodinae no ITIS. Xénero Assurger Whitley, 1933 Assurger Whitley, 1933 no ITIS. Assurger anzac (Alexander, 1917) Xénero Eupleurogrammus <small>Gill, 1862 Eupleurogrammus Gill, 1862 no ITIS. Eupleurogrammus glossodon (Bleeker, 1860) Eupleurogrammus muticus (Gray, 1831) Xénero Evoxymetopon Gill, 1863 Evoxymetopon Gill, 1863 n o ITIS. Evoxymetopon macrophthalmus Chakraborty, Yoshino & Iwatsuki, 2006 Evoxymetopon poeyi Günther, 1887 Evoxymetopon taeniatus Gill, 1863 Xénero Lepidopus Goüan, 1770 Lepidopus altifrons Parin & Collette, 1993 Lepidopus calcar Parin & Mikhailin, 1982 Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) Lepidopus dubius Parin & Mikhailin, 1981 Lepidopus fitchi Rosenblatt & Wilson, 1987 Lepidopus manis Rosenblatt & Wilson, 1987 Xénero Tentoriceps Whitley, 1948 Tentoriceps Whitley, 1948 no ITIS. Tentoriceps cristatus (Klunzinger, 1884)

Segundo o NCBI

Lepidopodinae Lepidopodinae no NCBI. Xénero Assurger Assurger anzac Xénero Eupleurogrammus Eupleurogrammus muticus Xénero Evoxymetopon Evoxymetopon macrophthalmus Evoxymetopon poeyi Evoxymetopon taeniatus Xénero Lepidopus Lepidopus altifrons Lepidopus caudatus Lepidopus fitchi

En Galicia En augas galegas aparece citada a especie Lepidopus caudatus, a primeira vez en 1935 por de Buen e, posteriormente, por outros autores, como Fernández et al. en 1978, que a rexistra desde a foz do Miño até Fisterra, Fariña et al., en fondos da plataforma continental de menos de 200 m, desde a Estaca de Bares até Ribadeo, ou Solórzano et al., en 1988, en foindos da plataforma continental desde a foz do Miño até Ribadeo.

Nomes galegos Rodríguez Villanueva el al., na súa Guía, danlle a esta especie o nome de peixe sable (sic) que, por outra parte, pode confundirse coa especie Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758, á que lle adxudican o mesmo nome galego.

Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario, designan esta especie como sabre prateado, e admiten como sinónimos galegos peixe sabre e peixe sabre prateado.

Estes últimos autores consideran tamén a especie Lepidopus xantusi (Goode & Bean, 1895), á que denominan sabre de ollos grandes, dando como sinónimo cola de cabelo (?). Pero o WoRMS identifica a especie Lepidopus xantusi Goode & Bean, 1896 con Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788).Lepidopus xantusi Goode & Bean, 1896 no WoRMS.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.

Outros artigos Triquiúridos

Ligazóns externas Lepidopodinae Gill, 1863 no WoRMS. Lepidopodinae no ITIS. Lepidopodinae no NCBI.

Categoría:Perciformes