William Stephen Belichick (AFI: [ˈbɛlᵻtʃɪk]), nado o 16 de abril de 1952 en Nashville, Tennessee, é un adestrador estadounidense de fútbol americano que actualmente traballa como adestrador xefe dos New England Patriots da National Football League (NFL). Como adestrador deste último equipo gañou catro Super Bowl.
Traxectoria Tras quince temporadas na NFL como adestrador asistente en Baltimore Colts, Detroit Lions, Denver Broncos e New York Giants, Belichick conseguiu o seu primeiro traballo como adestrador xefe en 1991 nos Cleveland Browns. Nas súas cinco temporadas adestrando en Cleveland só tivo unha temporada cun balance de vitorias positivo, polo que foi despedido. Tras pasar como asistente en New England Patriots e New York Jets, volve aos Patriots como adestrador xefe no ano 2000. Desde entón, xunto co quarterback Tom Brady, conquistou cinco Super Bowls (XXXVI, XXXVIII, XXXIX, XLIX e LI).
Foi nomeado tres veces adestrador do ano (2003, 2007 e 2010). Cómpre destacar a súa temporada 2007, onde conseguiu levar aos Patriots á Super Bowl invicto, sendo o primeiro adestrador da historia en conseguilo. Con todo, pese a ser favoritos para levarse o título, os Patriots perderon na final ante os New York Giants de Eli Manning.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web dos Patriots
Categoría:Nados en Nashville, Tennessee Categoría:Nados en 1952 Categoría:Adestradores dos Cleveland Browns Categoría:Adestradores dos New England Patriots Categoría:Adestradores de fútbol americano dos Estados Unidos de América