miniatura|Hipocampo nun mosaico hispanorromano do século II (M.A.N., Madrid). miniatura|Arión de a cabalo dun hipocampo, de William-Adolphe Bouguereau (1855). Na mitoloxía grega, o hipocampo (en grego Ίπποκάμπη Hippokámpê ou Ίππόκαμπος Hippókampos) era, segundo conta Pausanias na súa Descrición de Grecia, un cabalo mariño coa parte inferior do corpo desde o peito en forma de monstro mariño ou peixe. O hipocampo aparece mesmo nos poemas homéricos como símbolo de Poseidón, cuxo carro sucaba o mar tirado por veloces cabalos. Os poetas e artistas posteriores concibiron e representaron as bestas de Poseidón e doutras divindades mariñas como unha combinación de cabalo e peixe.
Fontes Pausanias ii.1 Homero, Ilíada xiii.24, 29 Eurípides, Andrómeda 1021 Virxilio, Xeórxidas iv.389 Filóstrato, Imaxes i.8 Estacio, Tebaida ii.45
Notas Smith, W., ed. (1867).
Véxase tamén
Outros artigos Hipocentauro Kelpie
Categoría:Criaturas da mitoloxía grega