Breaking Bad (Ruptura total) (en ) é unha serie de televisión estadounidense de crime e drama e comedia negra creada e producida por Vince Gilligan. Emitiuse orixinalmente pola AMC durante cinco tempadas, dende o 20 de xaneiro de 2008, até o 29 de setembro de 2013. Conta a historia de Walter White (Bryan Cranston), un mestre de instituto de química a quen lle diagnostican un cancro de pulmón. Xunto co seu antigo estudante Jesse Pinkman (Aaron Paul), White adopta unha vida de crime, producindo e vendendo metanfetaminas cristalizadas para asegurar o futuro financeiro da súa familia após a súa morte. Breaking Bad está ambientada e foi rodada en Albuquerque, Novo México.

A familia de Walter está formada pola súa muller Skyler (Anna Gunn) e os seus fillos Walter, Jr. (RJ Mitte) e Holly (Elanor Anne Wenrich). A serie tamén conta coa irmá de Skyler Marie Schrader (Betsy Brandt) e o seu home Hank (Dean Norris), un axente da DEA. Walter contrata o avogado Saul Goodman (Bob Odenkirk), que o conecta co investigador privado Mike Ehrmantraut (Jonathan Banks) e con Gus Fring (Giancarlo Esposito). Na tempada 5 introdúcense as personaxes de Todd Alquist (Jesse Plemons) e Lydia Rodarte-Quayle (Laura Fraser).

Breaking Bad está amplamente considerada como unha das mellores series de televisión de tódolos tempos. Emitiuse en galego a través da TVG.

Personaxes Bryan Cranston como Walter White Anna Gunn como Skyler White Aaron Paul como Jesse Pinkman Dean Norris como Hank Schrader Betsy Brandt como Marie Schrader RJ Mitte como Walter White, Jr. Bob Odenkirk como Saul Goodman Giancarlo Esposito como Gustavo "Gus" Fring Jonathan Banks como Mike Ehrmantraut Laura Fraser como Lydia Rodarte-Quayle Jesse Plemons como Todd Alquist

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2008 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2013 Categoría:Series de televisión con versión galega