Anne Marie M. Aguinaldo é unha bióloga especializada en bioloxía molecular.
Traxectoria Traballa na Universidade de California nos Ánxeles. En 1997 describiu cos seus colaboradores o clado dos ecdisozoos, baseándose principalmente en árbores filoxenéticas construídas utilizando 18 xenes de ARN ribosómico, reunindo así neste grupo todos os animais que medran grazas á écdise ou muda da súa cutícula: artrópodos, (insectos, quelicerados, crustáceos, miriápodos), nematodos e varios pequenos filos máis.Holland, Peter (2011): The Animal Kingdom: A Very Short Introduction. Oxford (UK): Oxford University Press. ISBN 978-0-1995-9321-7.
Notas
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en ano descoñecido