Antonio Villamarín Montenegro, nado en Lugo e finado na mesma cidade a finais de decembro de 1904El Norte de Galicia, 3-1-1905, p. 2., foi un impresor, xornalista e político galego.
Traxectoria Foi caxista en Madrid. En 1867 estableceu, xunto a Balbino Enríquez, a Imprenta Enríquez y Villamarín. Xa coa imprenta que levaba o seu nome editou os periódicos El Independiente e El Eco de Galicia do que tamén foi director e fundou e dirixiu El Diario de Lugo. Foi concelleiro de Lugo e deputado provincial por Vilalba-Viveiro.
Vida persoal Casou con Nicolasa Castro Rodríguez.
Notas
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Finados en 1904 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos