miniatura|220px|Illas e illotes de Es Freus.

Es Freus é o estreito que separa as illas de Eivissa e Formentera, no arquipélago balear, constituído por varios pasos separados por illotes. A distancia total, entre a punta meridional de Eivissa e a illa de s'Espalmador, é de 6,3 km. É o paso obrigado entre o porto de Eivissa e o de La Savina, en Formentera, e de Eivissa cara a poñente. O nome procede do latín fretu, que significa "estreito". Antigamente, e de certo uso entre os habitantes de Formentera, chamábase ses Portes. Toda a zona forma parte da reserva mariña do Parque Natural de ses Salines. Trátase dunha zona desprotexida dos ventos, con pouca profundidade e con correntes de irregular dirección e intensidade. Os grandes temporais, especialmente de poñente e gregal, converten Es Freus nun paso de navegación difícil e motiva a incomunicación de Formentera nalgunhas épocas do ano. Ao longo da historia producíronse varios naufraxios.

Os pasos que forman Es Freu son: Es Freu de ses Portes: separa a Punta de Ses Portes, en Eivissa, da illa d'en Caragoler. Es Freu Petit: separa a illa d'en Caragoler da illa des Penjats e as illas Negres. Es Freu Gros: separa a illa des Penjats e as illas Negres da illa des Porcs. Es Freu des Faro: separa a illa des Porcs da illa de S'Espalmador. Es Pas: separa S'Espalmador da Punta des Trucadors, en Formentera.

Véxase tamén Ligazóns externas Navegació per es Freus.

Categoría:Xeografía de Eivisa Categoría:Xeografía de Formentera