A dos eumalacostráceos (Eumalacostraca) é unha subclase de crustáceos da clase dos malacostráceos. Agrupa unhas 42 000 especies,Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3. o que representa case todos os malacostráceos coñecidos, e case os dous terzos dos crustáceos. Comprende, entre outros, a orde dos decápodos, que inclúe a maioría das especies de marisco máis consumidas polo ser humano e, por tanto, con máis interese biolóxico, pesqueiro e comercial.
Características miniatura|300px|esquerda|Anatomía dun malacostráceo Os eumalacostráceos teñen o corpo dividido en 19 segmentos ou metámeros: 5 cefálicos (cefalonitos), 8 torácicos (toracómeros) e 6 abdominais, na cola ou pleon (pleonitos). Esta estrutura corporal coñécese como facies caridoide, termo cuñado por William Thomas Calman en 1909. Os apéndices torácicos están articulados e os animais utilízanos para nadar ou para camiñar. Crese que o seu antepasdo común tiña unha casca, e a maioría das especies viventes posúena, pero perdeuse nalgúns subgrupos.
Na maioría dos eumalacostráceos os primeiros segmentos do tórax fusiónanse coa cabeza, formando o chamado cefalotórax, de xeito que o tórax parece que teña menos segmentos; por exemplo, nos decápodos, os tres primeiros segmentos torácicos están fusionados coa cabeza e o tórax parece que teña só cinco toracómeros; fálase entón de pereion; o pereion é, pois, o conxunto dos segmentos torácicos non fusionados coa cabeza, e os seus apéndices denomínanse pereiópodos.
Os apéndices dos segmentos fusionados non desaparecen, senón que se transforman en maxilípedos que colaboran no procesado dos alimentos; seguindo co exemplo dos decápodos, con tres toracómeros fusionados e cinco libres (pereion), posúen tres maxilípedos e cinco pereiópodos. Os pereiópodos úsanse para camiñar (grupo Reptantia) ou para copular, e o último segmento do pleon, o telson, axudado polo resto de pleópodos, para nadar (grupo Natantia).
Como a maioría dos crustáceos, os eumalacostráceos realizan a excreción a través de auténticos nefridios situados xunto á boca (glándulas maxilares) ou na base das antenas (glándulas antenais).
Taxonomía Descrición Este taxon foi descrito en 1892 polo zoólogo austríaco Karl Grobben, especialista en carcinoloxía.
Etimoloxía O termo do latín científico Eumalacostraca está formado polo elemento eu-, adaptación do do grego antigo εύ-, derivado do adverbio εὖ, acusativo singular neutro de ἐΰς, "bo", "auténtico", "exacto",Liddell & Scott (1940): εὖ en A Greek–English Lexicon, Oxford: Clarendon Press. unido ao termo Malacostraca. Literalmente: "os verdadeiros malacostráceos". (O termo Malacostraca fora cuñado polo zoólogo francés Pierre André Latreille en 1802, e está formado polos elementos malac-, tirado do grego antigo μαλακός malakós, "brando", -ostraca, derivado do grego ὄστρακον óstrakon, "cuncha", rematado todo o termo na desinancia latina -a, indicando substantivo neutro plural).
Clasificación A clasificación dos crustáceos sempre foi complicada e moi controvertida. En 2001 Martin e Davis estableceron a seguinte clasificación de supeordes e ordes para os eumalacostráceos.
miniatura|Nototropis swammerdamei (Peracarida). miniatura|Koonunga cursor (Syncarida).
Subclase Eumalacostraca Grobben, 1892 Superorde Syncarida Packard, 1885 Orde Palaeocaridacea † Orde Bathynellacea Chappuis, 1915 Orde Anaspidacea Calman, 1904 Superorde Peracarida Calman, 1904 Orde Spelaeogriphacea Gordon, 1957 Orde Thermosbaenacea Monod, 1927 Orde Lophogastrida Sars, 1870 Orde Mysida Haworth, 1825 Orde Mictacea Bowman, Garner, Hessler, Iliffe & Sanders, 1985 Orde Amphipoda Latreille, 1816 Orde Isopoda Latreille, 1817 Orde Tanaidacea Dana, 1849 Orde Cumacea Krøyer, 1846 Superorde Eucarida Calman, 1904 Orde Euphausiacea Dana, 1852 Orde Amphionidacea Williamson, 1973 Orde Decapoda Latreille, 1802
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3. Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1) Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Remane, A., Storch, V. e Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.
Outros artigos Lista de crustáceos de Galicia
Categoría:Crustáceos Categoría:Marisco Categoría:Produtos da pesca